Barbara Terhal

física neerlandesa

Barbara M. Terhal, nada en 1969 na cidade surholandesa de Leiden, é unha física teórica dos Países Baixos.

Barbara Terhal
Nacemento1969
Lugar de nacementoLeiden
NacionalidadeReino dos Países Baixos
Alma máterUniversidade de Ámsterdam
Universidade Técnica de Aquisgrán
Universidade de Tecnoloxía de Delft
Ocupaciónfísica
CónxuxeDavid P. DiVincenzo
Coñecida porEstudo do entrelazamento cuántico.
Formulación do entanglement witness ("testemuño de entrelazamento")
Na rede
https://pure.tudelft.nl/portal/en/persons/bm-terhal(cfa2c041-7d2a-479d-b2d6-16617459e587).html
editar datos en Wikidata ]

Entre o seu labor investigador son salientables os seus traballos centrados no entrelazamento cuántico, ámbito no que se lle debe a cuñaxe do termo entanglement witness ("testemuño de entrelazamento").[1]

TraxectoriaEditar

Terhal cursou os seus estudos universidatarios na Universidade de Ámsterdam, onde en 1999 acadou o título de doutora en Física Teórica cunha tese titulada Quantum Algorithms and Quantum Entanglement ("Algoritmos Cuánticos e Entrelazamento Cuántico").[2]

Logo da súa estadía posdoutoral, de 1999 a 2001, no IBM Watson Research Center de Nova York, nos Estados Unidos, formou parte de diversos grupos de investigación nese país, ata que en 2010 tomou posesión do seu posto como profesora de Física teórica da Universidade Técnica de Aquisgrán, no estado alemán de Renania do Norte-Westfalia, onde se mantivo ata o ano 2017.[3]

Desde 2015 é xefa dun grupo de nanoelectrónica teórica no Forschungszentrum Jülich ("Centro de Investigación de Jülich") en Alemaña.

En 2017 entrou a formar parte como profesora da Universidade de Tecnoloxía de Delft, onde dirixe un grupo de investigación cuántica no QuTech, onde tamén desenvolven o seu labor outros destacados investigadores en Física cuántica, como os profesores Kouwenhoven ou DiVincenzo.[4][5]

Desde 2014 é, ademais, profesora investigadora visitante no Perimeter Institute for Theoretical Physics en Waterloo, Canadá.[6]

En abril de 2020 foi elixida membro da Real Academia Neerlandesa de Artes e Ciencias (Koninklihjke Nederlandse Akademie Van Wetenschappen).[7]

Publicacións salientablesEditar

Esta é unha escolla das publicacións máis significativas de Barbara Terhal:[8]

  • B.M. Terhal e J.A. Smolin, “Single quantum querying of a database”, Phys. Rev. A 58, 1822 (1998)
  • B.M. Terhal, I.L. Chuang, D.P. DiVincenzo, M. Grassl e J.A. Smolin, “Simulating quantum operations with mixed environments,” Phys. Rev. A 60, 881 (1999)
  • B.M. Terhal, “Bell Inequalities and The Separability Criterion”, Physics Letters A 271, 319 (2000)
  • B.M. Terhal e D.P. DiVincenzo, “Adaptive quantum computation, constant depth quantum circuits, and Arthur Merlin games”, Quant. Inf. and Comp. 4:2, pp. 134–145 (2004)
  • R. Oliveira e B.M. Terhal, “The Complexity of Quantum Spin Systems on a Two-dimensional Square Lattice”, Quant. Inf. Comp. Volume 8, No. 10, pp. 0900–0924 (2008)
  • S. Bravyi e B.M. Terhal, “A No-Go Theorem for a Two-Dimensional Self-Correcting Memory Based on Stabilizer Codes”, New J. Phys. 11 (2009)
  • B.M. Terhal, F. Hassler e D.P. DiVincenzo, “From Majorana Fermions to Topological Order”, Phys. Rev. Lett. 108, 260504 (2012)
  • B.M. Terhal, “Quantum Error Correction for Quantum Memories”, Rev. Mod. Phys. 87, 307 (2015)
  • K. Duivenvoorden, B.M. Terhal e D. Weigand, “Single-mode Displacement Sensor”, Phys. Rev. A 95, 012305 (2017)
  • E.T. Campbell, B.M. Terhal e C. Vuillot, “Roads towards fault-tolerant universal quantum computation”, Nature 549, 172 (2017)

NotasEditar

  1. "Bell Inequalities and the Separability Criterion". Physics Letters A Vol. 271, 319 (2000) (en inglés)
  2. "Barbara Terhal". En QuTech.nl (en inglés)
  3. "Barbara M. Terhal Arquivado 21 de decembro de 2016 en Wayback Machine.". En Zoominfo.com (en inglés)
  4. "Terhal Group". En Qutech.nl (en inglés)
  5. "Delft, Aachen and Jülich join forces to build scalable quantum technologies". TU Delft (en inglés)
  6. "ERC-Projekte". RWTH Aachen University.
  7. "Knaw kiest achttien nieuwe leden". Koninklihjke Nederlandse Akademie Van Wetenschappen.
  8. "Publications". En QuTech.nl (en inglés)

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar