Barbara Morgan

astronauta estadounidense

Barbara Radding Morgan, nada en Fresno, California, o 28 de novembro de 1951, é unha astronauta estadounidense retirada que formou parte da misión STS-118.[1][2]

Barbara Morgan
Datos persoais
Nacemento28 de novembro de 1951
LugarFresno
Actividade
MisiónsSTS-118
Tempo no espazo12,75 días
PremiosWomen in Space Science Award
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Morgan graduouse en bioloxía humana na Universidade Stanford en 1973, ten credenciais de ensino pola facultade de Notre Dame en Belmont, California en 1974 e un doutoramento honorario pola Universidade do Estado en Boise en 2008.[1][2]

Foi seleccionado pola NASA como substituta de Christa McAuliffe para o programa Un profesor no espazo o 19 de xullo de 1985. Participou na misión STS-118, pasando un total de 12,75 días no espazo.[1][2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Morgan, Barbara Radding" (en inglés). Consultado o 22 de setembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (xullo de 2010). "BARBARA RADDING MORGAN NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 22 de setembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar