Barbara Hutton

Barbara Woolworth Hutton, nada en Nova York o 14 de novembro de 1912 e finada en Beverly Hills o 11 de maio de 1979 foi unha celebridade, debutante, herdeira e filántropa estadounidense. Foi chamada "pobre nena rica" ("Poor Little Rich Girl") primeiro cando lle deron un luxoso e caro baile de presentación en sociedade en 1930, no medio da Gran Depresión, e despois debido a súa problemática vida privada.

Barbara Hutton
Barbara Hutton May 1931.jpg
Nacemento14 de novembro de 1912
 Nova York
Falecemento11 de maio de 1979
 Beverly Hills
CausaInfarto agudo de miocardio
SoterradaCemiterio de Woodlawn
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterMiss Porter's School
Ocupaciónsocialité
PaiFranklin Laws Hutton
NaiEdna Woolworth
CónxuxePorfirio Rubirosa, Igor Troubetzkoy, Gottfried von Cramm, Cary Grant, Court Henrik Eberhard Erdmann Georg Graf Haugwitz-Hardenberg-Reventlow, Prince Alexis Mdivani, Prince Pierre Raymond Dian Vinh e Porfirio Rubirosa
FillosLance Reventlow
Coñecida porWinfield House
editar datos en Wikidata ]

Herdeira dun terzo das propiedades do magnate Frank Winfield Woolworth, Barbara Hutton foi unha das mulleres máis ricas do mundo. A súa infancia quedou marcada polo suicidio da súa nai cando ela tiña catro anos e o abandono do seu pai, que a levou a unha vida con dificultades para establecer relacións. Casada e divorciada en sete ocasións, recibiu grandes títulos estranxeiros, mais foi tratada maliciosamente, e en ocasións explotada, por varios dos seus maridos. Mentres en público era envexada polas súas posesións, a súa beleza e a súa aparente vida de lecer, en privado era profundamnete insecura, e ás veces buscaba refuxio no alcohol, as drogas e os homes.

Hutton tivo un fillo, Lance Reventlow, co seu segundo marido, mais era unha nai inconsistente e insegura e o posterior divorcio acabou nunha amarga batalla pola custodia. Máis adiante sufriu de anorexia nerviosa e quizais evitou novos embarazos. O seu fillo faleceu nun accidente de avión en 1972 con 36 anos, deixándoa devastada.

TraxectoriaEditar

Primeiros anosEditar

Nada en Nova York, Barbara Hutton foi a única filla de Edna Woolworth (1883–1917), filla de Frank W. Woolworth, fundador da compañía de tendas de mercadorías baratas Woolworth. O pai de Barbara era Franklyn Laws Hutton (1877–1940), rico cofundador da E. F. Hutton & Company (propiedade do irmán de Franklyn Edward Francis Hutton), respectado investidor bancario e corretor de bolsa neoiorquino. Era sobriña por matrimonio da herdeira dos cereais Marjorie Merriweather Post, que estivo casada durante un tempo (1920–1935) con E.F. Hutton; así, a súa filla, a actriz e herdeira Dina Merrill (nada como Nedenia Hutton), era curmá de Barbara Hutton. Dina Merrill contou en Biography of the Woolworths que por un tempo Barbara viviu con eles despois da morte do seu nai e o abandono do seu pai.[1]

Edna Hutton faleceu o 2 de maio de 1917 con 33 anos por asfixia debida á mastoidite,[2] mais persiste o rumor de que cometeu suicidio por envelenamento desesperada polos amoríos do seu marido,[3] especialmente despois de que o forense decidise que non era necesaria unha autopsia.[4] Barbara, de catro anos, descubriu o corpo da súa nai.[5] Despois da morte da súa nai, viviu con varios dos seus parentes, e foi criada por unha institutriz. Hutton asistiu á Miss Hewitt's Classes, actualmente The Hewitt School de Lenox Hill en Nova York e á escola de Miss Porter para nenas de Farmington, Connecticut. Volveuse unha nena introvertida que apenas interactuaba con outros nenos da súa idade. O seu amigo máis íntimo e único confidente era o seu curmán Jimmy Donahue, fillo da irmá da súa nai.[6] Jimmy Donahue herdou unha parte das propiedades Woolworth estate con Barbara e tamén tivo coñecidos e públicos problemas coas drogas, o alcohol e as relacións.

En 1924, a avoa de Hutton, Jennie (Creighton) Woolworth faleceu e legoulle 26,1 millóns de dólares. Outros 2,1 millóns en accións da herdanza de Edna colocáronse nun trust separado; ambos os dous trusts estaban administrado por Franklyn Hutton. Cando cumpriu vinte e un anos en 1933, o seu pai incrementara a súa herdanza a 42 millóns, sen incluír 8 millóns adicionais da súa nai, converténdoa na muller máis rica do mundo.[7]

De acordo coas tradicións da clase alta de Nova York, Barbara Hutton tivo un luxoso baile de presentación en sociedade en 1930 polo seu 18 aniversario, en que os invitados das familias Astor e Rockefeller, entre outras, foron divertidos por estrelas como Rudy Vallee e Maurice Chevalier. O baile costou 60 000 dólares, unha auténtica fortuna nos tempos da depresión. A crítica do público foi tan dura que ela marchou a unha viaxe por Europa para fuxir dos ataques da prensa.[8]

Hutton viviu na casa familiar do 4 East 80th Street[9] no Upper East Side.

Arte e xoiaríaEditar

Ao longo dos anos, ademias dunha importante herdanza que incluía pinturas dos vellos mestres e importantes esculturas,[10] tamén adquiriu persoalmente unha gran colección que incluía artes variadas, porcelana,[10] xoias de gran valor, incluídas pezas históricas que pertenceron a María Antonieta e á emperatriz Uxía de Francia, e importantes pezas de Fabergé e Cartier.[11][12][13] Entres as pezas de xoiaría estaba o diamante Pasha de 40 quilates, que ela adquiriu nun infrecuente corte octogonal mais logo mandar recorter nun brillante redondeado, baixándoo a 36 quilates.[14]

Últimos anos e morteEditar

 
Mausoleo da familia Woolworth

A morte do seu único fillo Lance Reventlow nun accidente aéreo en 1972 levou a Hutton a un estado de desesperación. Nesa época a súa fortuna diminuíra debido á súa extrema xenerosidade, incluída a doazón da Winfield House ao goberno dos Estados Unidos como residencia para o embaixador británico.[15] Os tratos co seu avogado, Graham Mattison, tamén consumiron a súa fortuna. Finalmente, comezou a liquidar os seus valores para obter fondos para vivir, aínda que continuou a gastar cartos en descoñecidos para conseguir algo de atención. Pasou os últimos anos nos Ánxeles, vivindo no Beverly Wilshire Hotel, onde faleceu dun ataque ao corazón en maio de 1979 aos 66 anos. Un biógrafo escribiu que cando faleceu só quedaban 3500 dólares da súa fortuna, mais algúns que realmente a coñecía afirmaron que non era certo. Foi enterrada no mausoleo da familia Woolworth no cemiterio Woodlawn no Bronx.

Vida privadaEditar

Hutton aparecía frecuentemente bébeda en público e foi coñecida durante a súa vida polos seus gastos en luxo.[16] Era coñecida por facer agasallos a completos descoñecidos.[17][18]

MatrimoniosEditar

Barbara Hutton casou en sete ocasións:

Outras relaciónsEditar

Hutton viviu con Frederick McEvoy, comprando un chalé nun centro de esquí en Franconia (New Hampshire), despois do seu matrimonio co actor Cary Grant. A parella nunca casou e mantivo a súa amizade ata a morte de McEvoy's en 1951.[19][20]

NotasEditar

  1. Jennings (1968), p. 17
  2. "Mrs. Hutton Found Dead. Daughter of F.W. Woolworth Suffocated in Her Room at the Plaza". The New York Times. 3 de maio de 1917. Consultado o 3 de decembro de 2011. Mrs. Franklyn Laws Hutton, who was Edna Woolworth, daughter of F. W. Woolworth, was found dead in her apartment at the hotel Plaza on May 2, 1917. ... 
  3. Plunkett-Powell, Karen; Remembering Woolworth's: A Nostalgic History of the World's Most Famous Five-and-Dime, MacMillan, p. 131.
  4. Pitrone (2007), p. 59
  5. Gressor, Megan & Cook, Kerry (2005). An Affair to Remember: The Greatest Love Stories of All Time, páx. 260. Fair Winds Press.
  6. "Jane Bowles, Libby Holman Reynolds and Barbara Hutton". The Authorized Paul Bowles Web Site. www.paulbowles.org. 
  7. Poor Little Rich Girl: The Barbara Hutton Story
  8. New York Social Diary, 1933
  9. Tuman, Diane (20 de marzo de 2011). "New York's Woolworth Mansion Listed for $90 Million". Zillow Porchlight. Consultado o 1 de marzo de 2019. 
  10. 10,0 10,1 Pitrone (2007), p. 203
  11. Cartier, por Hans Nadelhoffer, páx. 124
  12. Jennings (1968), p. 166
  13. Pitrone (2007), p. 166
  14. Cartier, Hans Nadelhoffer, páx. 325
  15. "Ambassador's Residence: Winfield House". Embassy of The United States in London, U.K. Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2014. Consultado o 27 de agosto de 2014. 
  16. Co-starring famous women and alcohol, páx. 26
  17. The dilemmas of family wealth: insights on succession, cohesion, and legacy, páx. 150
  18. Million dollar baby: an intimate portrait of Barbara Hutton, Philip Van Rensselaer
  19. "Woolworth Heiress May Marry Austn". The Courier-Mail (Brisbane). 13 de abril de 1946. Consultado o 27 de abril de 2014. 
  20. Freddie McEvoy Biography and Olympic Results Arquivado 17 de abril de 2020 en Wayback Machine.. Sports-Reference.com. Sports Reference LLC. Consultado o 26 de outubro de 2011.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Eldridge, Mona (1988). In Search of a Prince: My Life with Barbara Hutton (en inglés). Londres: Sidgewick and Jackson. ISBN 978-0283995002. 
  • Heymann, C. David (1983). Poor Little Rich Girl: The Life and Legend of Barbara Hutton (en inglés). Nova York: Random House Inc. ISBN 978-0394509426. 
  • Jennings, Dean Southern (1968). Barbara Hutton; a candid biography (en inglés). Nova York: F. Fell. ASIN B0006BUVA2. 
  • Pitrone, Jean Maddern (2007). F.W. Woolworth and the American Five and Dime: A Social History (en inglés). McFarland & Company. ISBN 978-0786430246. 
  • Van Rensselaer, Philip (1979). Million dollar baby: An intimate portrait of Barbara Hutton (en inglés). Nova York: Putnam. ISBN 978-0399123665. 

Ligazóns externasEditar