Dame Jocelyn Barbara Hepworth DBE, nada en Wakefield o 10 de xaneiro de 1930 e finada en St Ives o 20 de maio de 1975 foi unha escultora e artista inglesa. A súa obra é un exemplo do modernismo e particularmente a escultura moderna. Foi unha das poucas artistas femininas da súa xeración que acadou prominencia internacional.[1] Xunto con artistas como Ben Nicholson e Naum Gabo, Hepworth foi unha figura líder da colonia de artistas que residía en St Ives durante a segunda guerra mundial.

Infotaula de personaBarbara Hepworth

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de xaneiro de 1903 Editar o valor em Wikidata
Wakefield, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte20 de maio de 1975 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
St Ives, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo británico Editar o valor em Wikidata
EducaciónRoyal College of Art (pt) Traducir
Leeds Arts University (en) Traducir
Wakefield Girls' High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscultura Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Leeds (en) Traducir
Hampstead (pt) Traducir
Carbis Bay (en) Traducir
Roma
Londres
St Ives (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescultora , fotógrafa , debuxante , pintora , artista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1924 Editar o valor em Wikidata - 1975 Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoArte abstracta e arte pública (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
MovementoModernismo catalán Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
RepresentantePace Gallery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
11 de xullo de 1959Documenta II (en) Traducir
16 de xullo de 1955documenta (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeBen Nicholson (pt) Traducir (1938–1951)
John Skeaping (pt) Traducir (1924–1933) Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webbarbarahepworth.org.uk Editar o valor em Wikidata
Discogs: 1303816 WikiTree: Hepworth-293 Find a Grave: 22320203 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Jocelyn Barbara Hepworth naceu en 1903 en Wakefield, West Riding of Yorkshire, como a filla máis vella de Gertrude e Herbert Hepworth.[2] O seu pai era enxeñeiro civil para West Riding County Council, e en 1921 converteuse en County Surveyor.[2] Hepworth asistiu á Wakefield Girls' High School, onde recibiu premios de música aos doce anos, como indica Sophie Bowness en "Rhythm of the Stones: Barbara Hepworth and Music"[3][4] e gañou unha bolsa para estudar en Leeds School of Art a partir de 1920. Foi alí onde coñeceu ao seu compañeiro Henry Moore.[2] Fixéronse amigos e trabaron unha rivalidade amistosa que durou moitos anos. Hepworth foi a primeira que esculpiu as figuras furadas características da obra de ambos. Eles lideraron o camiño ao modernismo en escultura.

A pesar de intentar gañar unha posición nun ambiente dominado polos varóns,[5] Hepworth logrou unha bolsa para asistir á Royal College of Art (RCA) de Londres, onde estudou dende 1921 ata que obtivo o seu diploma en 1924.[6]

Inicio da carreira editar

Tralos seus estudos en RCA, Hepworth viaxou a Florencia en 1921, cunha bolsa de West Riding.[1] Hepworth tamén foi finalista do Prix-de-Rome, que gañou o escultor John Skeaping.[1] Logo de viaxar con el a Siena e Roma, ambos casaron o 13 de maio de 1925 en Florencia.[2] En Italia, Hepworth aprendeu a tallar o mármore con Giovanni Ardini.[2] Hepworth e o seu home volveron a Londres en 1926, exhibindo as súas obras no seu piso.[2] En 1929 naceu en Londres o seu fillo Paul.[1]

Os seus primeiros traballos estaban interesados na abstracción e os movementos artísticos do continente. En 1933, viaxou con Ben Nicholson a Francia, onde visitaron os estudos de Jean Arp, Pablo Picasso e Constantin Brâncuşi.[2] Hepworth involucrouse máis tarde no movemento artístico con base en París, Abstraction-Création.<[7] En 1933, cofundou o movemento Unit One con Nicholson e Paul Nash, o crítico Herbert Read e o arquitecto Wells Coates.[8] O movemento buscaba unificar surrealismo e abstracción na arte británica.[8]

Hepworth tamén axudou a dar a coñecer artistas continentais entre o público británico. En 1937 fixo o deseño de Circle: An International Survey of Constructivist Art, libro de 300 páxinas sobre os artistas construtivistas publicado en Londres e editado por Nicholson, Naum Gabo e Leslie Martin.[9]

Hepworth casou con Nicholson o 17 de novembro de 1938 no rexistro de Hampstead, ao norte de Londres, despois de que este se divorciase da súa esposa Winifred.[10] A parella tivo trixéminos en 1934, Rachel, Sarah e Simon. Rachel e Simon convertéronse tamén en artistas. A parella divorciouse en 1951.[11]

St Ives editar

Hepworth, Nicholson e os seus tres fillos foron a vivir a Cornualla co inicio da segunda guerra mundial en 1939.[12] Hepworth viviu nos estudios de Trewyn en St Ives dende 1949 ata a súa morte en 1975.[12] Dixo que "descubrir o estudio de Trewyn foi unha espicie de maxia. Aquí había un estudio, un patio e un xardín onde podía traballar ao aire libre e espazo".[12] St Ives convertérase nun refuxio para moitos artistas durante a guerra. O 8 de febreiro de 1949, Hepworth e Nicholson cofundaron a Penwith Society of Arts en Castle Inn; dezanove artistas foron membros fundadores, incluíndo Peter Lanyon e Bernard Leach.[13]

Hepworth foi tamén unha debuxante habilidosa. Despois de que a súa filla Sarah fose hospitalizada en 1944, trabou amizade co cirurxián Norman Capener.[14] Por invitación de Capener, asistiu a procementos cirúrxicos e entre 1947 e 1949 creou preto de oitenta debuxos de salas de operacións en xiz, tinta e lapis.[14][15] Hepworth estaba fascinada polas semellanzas entre cirurxiáns e artitas, afirmando: "Hai, paréceme, unha afinidade próxima entre o traballo e a estratexia dos médicos e os cirurxiáns, e os pintores e escultores".[14]

En 1950, a obra de Hepworth foi exhibida no pavillón británico da XXV Bienal de Venecia[2] xunto con traballos de Matthew Smith e John Constable.[16] A Bienal de 1950 foi a última en que se exhibiron artistas contemporáneos británicos xunto con artistas do pasado.[16] Dous encargos públicos, Contrapunctal Forms e Turning Forms, se expuxeron no Festival of Britain de 1951.

Durante este período, Hepworth cambiou de traballar só en pedra e madeira para traballar tamén con bronce e arxila.[12] Hepworth empregou habitualmente o seu xardín en St Ives, que deseñou co seu amigo o compositor Priaulx Rainier, para ver os bronces de grande escala.[12]

Morte do seu fillo editar

O seu fillo máis vello, Paul, faleceu o 13 de febreiro de 1953 nun accidente de avión mentres servía na Royal Air Force en Tailandia.[17] Na igrexa parroquial de St Ives existe un memorial na súa memoria, Madonna and Child.[18]

Agotada, en parte pola morte do seu fillo, Hepworth viaxou a Grecia coa súa amiga Margaret Gardiner en agosto de 1954.[17] Visitaron Atenas, Delfos e moitas illas do Exeo.[17]

Cando Hepworth volveu a St Ives, descubriu que Gardiner lle enviara un gran cargamento de madeira de guarea nixeriana.[17] A pesar de que só recibiu un tronco, Hepworth viu que a carga dende Nixeria ata os peiraos de Tilbury era de dezasete toneladas.[17] Entre 1954 e 1956 Hepworth esculpiu seis pezas coa madeira de guarea, moitas delas inspiradas pola súa viaxe a Grecia, como "Corinthos" (1954) e "Curved Form (Delphi)" (1955).[17]

Últimos anos editar

A artista incrementou enormemente o espazo do seu estudio cando adquiriu o Palais de Danse, estudio de cinema e danza ao outro lado da rúa en Trewyn en 1960. Empregou este novo espazo para traballar en encargos a grande escala.[19]

Hepworth tamén experimentou coa litografía ao final da súa carreira. Creou dúas series litográficas coa Curwen Gallery e o seu director Stanley Jones, unha en 1969 e outra en 1971.[20] A primeira titulouse "The Aegean Suite" (1971) e estaba inspirada pola viaxe a Grecia en 1954 con Margaret Gardiner.[21] A artista tamén creou unha serie de litografías titulada "Opposing Forms" (1970) coa Marlborough Fine Art de Londres.[21]

Barbara Hepworth faleceu nun incendio accidental no seu estudio de Trewyn o 20 de maio de 1975 aos 72 anos.[22]

Recoñecemento editar

Hepworth recibiu en 1959 o Grand Prix da Bienal de São Paulo.[1] Tamén recibiu o premio Freedon de St Ives en 1968 como recoñecemento das súas fundamentais contribucións á cidade.[1] Recibiu graos honoríficos de Birmingham (1960), Leeds (1961), Exeter (1966), Oxford (1968), Londres (1970) e Manchester (1971).[10] Foi nomeada CBE en 1958 e DBE en 1965.[10] En 1973 foi elixida membro honoraria da American Academy of Arts and Letters.[23]

Trala súa morte, o seu fogar e estudio en St Ives converteuse no Barbara Hepworth Museum, que dende 1980 está baixo control da Tate.[1]

En 2011 abriu The Hepworth Wakefield no seu fogar de Wakefield. O museo foi deseñado polo arquitecto David Chipperfield.[24]

En xaneiro de 2015 anunciouse que a Tate Britain ía organizar a primeira grande exposición en Londres da obra de Hepworth dende 1968. Traería máis de 70 das súas obras, incluíndo as principais tallas e bronces polas que é célebre. Incluiría tamén fotografías inéditas do arquivo de Hepworth, como un autorretrato en fotograma creado na década de 1930 e collages fotográficos experimentais.[25]

Galería editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Gale, Matthew "Artist Biography: Barbara Hepworth 1903–75" Consultado o 31 de xaneiro de 2014.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Barbara Hepworth: Biography. Hepworth Estate. Consultado o 31 de xaneiro de 2014
  3. Barbara Hepworth: Centenary. Tate Publishing. 2003. p. 25. ISBN 1-85437-479-6. 
  4. Hepworth, Barbara (1970). Barbara Hepworth: A Pictorial Autobiography (1.ª ed.). Nova York: Praeger Publishers. LCCN 73-99496. 
  5. Festing, Sally (1995). Barbara Hepworth: A Life of Forms. pp. xviii, 24. 
  6. "Barbara Hepworth". Cornwall County Council. 2007. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2007. Consultado o 1 de febreiro de 2014. 
  7. "Abstraction-Création". Encyclopædia Britannica. Consultado o 31 de xaneiro de 2014.
  8. 8,0 8,1 Paul Nash: Modern artist, ancient landscape: Room guide: Unit One: 'A Contemporary Spirit' Arquivado 19 de agosto de 2018 en Wayback Machine.. Tate Liverpool. Consultado o 31 de xaneiro de 2014.
  9. Barbara Hepworth: Single Form 1961 Arquivado 18 de agosto de 2018 en Wayback Machine.. Peggy Guggenheim Collection, Venice. Consultado o 31 de xaneiro de 2014.
  10. 10,0 10,1 10,2 Bowness, Alan ([n.d.]). Life and Work Arquivado 01 de febreiro de 2014 en Wayback Machine.. Hepworth Estate. Consultado o 31 de xaneiro de 2014.
  11. Riggs, Terry "Artist Biography: Ben Nicholson OM 1894–1982" Tate, Consultado o 29 de xaneiro de 2014.
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 About Barbara Hepworth Museum and Sculpture Garden. Tate St Ives. Consultado o 31 de xaneiro de 2014.
  13. Penwith Society. Cornwall Artists Index. Consultado o 31 de xaneiro de 2014.
  14. 14,0 14,1 14,2 "Barbara Hepworth: The Hospital Drawings 27th November 2012". pallant.org.uk. Pallant House Gallery. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2016. Consultado o 11 de febreiro de 2016. 
  15. Hepburn, Nathaniel (3 de setembro de 2013). Barbara Hepworth: The Hospital Drawings. Nova York, NY: Tate. ISBN 978-1-84976-165-9. 
  16. 16,0 16,1 "Timeline: 1950 Group show". British Pavilion in Venice. British Council. Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2014. Consultado o 25 de febreiro de 2014. 
  17. 17,0 17,1 17,2 17,3 17,4 17,5 Stephens, Chris (1998). Dame Barbara Hepworth: Two Figures (Heroes) 1954. Tate. Consultado o 31 de xaneiro de 2014.
  18. "Selected sculptures: Madonna and Child". Hepworth Estate. Consultado o 31 de xaneiro de 2014. 
  19. Bowness, Sophie. St Ives. Hepworth Estate. Consultado o 31 de xaneiro de 2014.
  20. Behrman, Pryle. "Fifty Years at the heart of British Printmaking" Arquivado 19 de febreiro de 2014 en Wayback Machine. Consultado o 31 de xaneiro de 2014.
  21. 21,0 21,1 "Barbara Hepworth: Graphic works 26 April 2013 – 7 February 2014". hepworthwakefield.org. The Hepworth Wakefield. Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2013. Consultado o 11 de febreiro de 2016. 
  22. Bowness, Sophie. "Biography". barbarahepworth.org.uk. Sophie Bowness. Consultado o 11 de febreiro de 2016. 
  23. Deceased Members: Deceased Foreign Honorary Members Arquivado 26 de xullo de 2011 en Wayback Machine.. American Academy of Arts and Letters. Consultado o 31 de xaneiro de 2014.
  24. "Our gallery". hepworthwakefield.org. The Hepworth Wakefield. Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2016. Consultado o 11 de febreiro de 2016. 
  25. Brown, Mark. "Tate Britain brings Barbara Hepworth out of the shadows and back in focus". The Guardian. Consultado o 23 de xaneiro de 2015. 
  26. "Corinthos 1954–5". UK: Tate Gallery. Consultado o 5 de agosto de 2015. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar