Baralla inglesa

conxunto de cartas formado por 52 unidades divididas en catro paus e 2 comodíns

A baralla inglesa é un conxunto de cartas formado por 52 unidades divididas en catro paus e 2 comodíns.

A baralla inglesa ten a súa orixe na baralla francesa, pero está máis estendida. Xunto coa baralla española, é un dos xogos de cartas máis utilizados no mundo e emprégase en xogos como o continental, o bridge, a canasta e o poker.

Baralla inglesa

Características da baralla inglesa actual

editar

A baralla divídese en catro paus, dous vermellos e dous negros:

  • Picas.
  • Corazóns.
  • Diamantes (ou rombos).
  • Trevos.

Cada pau está formado por 13 cartas, das que 9 son números e 4 letras. Ordénanse de menor a maior "rango" do seguinte xeito: A, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, J, Q, K. As cartas con letras de cada pau presentan letras orixinariamente derivadas da primeira letra do nome en inglés da carta que representa: A (ace ou ás), J (jack ou sota), Q (queen ou raíña), K (king ou rei).

Os dous comodíns chámanse jokers (singular joker), un é de cor (amarelo, azul e vermello) e o outro é branco e negro.

O ás ten valor ambivalente en moitos xogos, aínda que está colocado na posición máis baixa que o 1 pode ter tamén o valor máis alto (por exemplo nas escaleiras do poker).


 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar