Barakat (filme de 2020)
Barakat é un filme surafricano de 2020 dirixido por Amy Jephta e producido por Ephraim Gordon.[1] Está protagonizado por Vinette Ebrahim xunto con Joey Rasdien, Mortimer Williams, Quanita Adams e Keeno Lee Hectormade nos papeis secundarios.[2][3] É o primeiro filme musulmán en lingua afrikaans producido en Suráfrica.[4][5][6]
Barakat | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Barakat |
Director | Amy Jephta |
Produtor | Ephraim Gordon Wikus du Toit |
Guión | Amy Jephta |
Intérpretes | Vinette Ebrahim Joey Rasdien Mortimer Williams Quanita Adams Keeno Lee Hectormade |
Música | Kyle Shepherd |
Fotografía | Ebrahim Hajee |
Montaxe | Sanjin Muftic |
Estudio | Nagvlug PaperJet Productions |
Distribuidora | Indigenous Film Distribution |
Estrea | Urbanworld: setembro de 2020 |
Duración | 103 minutos |
Orixe | Suráfrica |
Xénero | Drama |
Na rede | |
O filme recibiu moitos premios. En 2020, no Festival Internacional de Cinema Motion Pictures, o filme gañou o premio á mellor longametraxe, e no festial de 2020, gañou dous premios: mellor montaxe e mellor produción. Ese mesmo ano no Festival Internacional de Cine Idyllwild, Barakat gañou catro premios máis: Mary Austin Award Excellence á mellor dirección, mellor elenco, mellor filme internacional e mellor actor secundario, así como gañou o Premio Finalista á mellor banda sonora orixinal.[4] Foi escollido como candidato de Suráfrica para o Óscar ó mellor filme internacional na 94ª edición dos premios,[7] mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse
editarO filme trata sobre problemas familiares nos que unha matriarca envellecida pretende reunir á súa familia fracturada e disfuncional por Eid-al-Fitr e máis tarde fala sobre o seu novo romance.[8]
Personaxes
editar- Vinette Ebrahim como Aisha Davids
- Joey Rasdien como Zunaid
- Mortimer Williams como Zaid
- Quanita Adams como Ra-eesah
- Keeno Lee Hector como Yaseen
- Danny Ross como Nur
- June van Merch como Fadielah
Notas
editar- ↑ "Barakat". nataal.com (en inglés). Consultado o 5 de outubro de 2021.
- ↑ "Barakat: First South African film in Cape Town's Afrikaans dialect". BBC News (en inglés). 2021-08-23. Consultado o 2021-10-05.
- ↑ "BARAKAT (2020) at New African Film Festival". watch.eventive.org (en inglés). Consultado o 2021-10-05.
- ↑ 4,0 4,1 Libby18. "Award-winning film Barakat has an out-of-the-ordinary premiere in Cape Town". Gauteng Film Commission (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2021. Consultado o 2021-10-05.
- ↑ "South Africa’s first Muslim-Afrikaans film, Barakat, scheduled for theatrical release in May 2021". ladima.africa. Consultado o 2021-10-05.
- ↑ Khan, By: Atiyyah; Culture (2021-05-15). "‘Barakat’ holds Cape Muslim culture up to the light". New Frame. Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2022. Consultado o 2021-10-05.
- ↑ Szalai, Georg (8 de novembro de 2021). "Oscars: South Africa Picks 'Barakat' for International Feature Category". The Hollywood Reporter. Consultado o 8 de novembro de 2021.
- ↑ Bond, Dave (2020-11-05). "Barakat - Film Africa 2020". Set The Tape (en inglés). Consultado o 2021-10-05.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Filmes de Suráfrica propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 94ª edición dos Óscar