Barón de Münchhausen

militar alemán


Karl Friedrich Hieronymus von Münchhausen, Barón de Münchhausen, nado o 11 de maio de 1720 en Bodenwerder (Baixa Saxonia) e finado o 22 de febreiro de 1797, foi un militar e señor rural alemán. Os relatos das súas aventuras serviron de base para a célebre serie As Aventuras do Barón de Münchhausen, compiladas por Rudolph Erich Raspe e publicadas en Londres en 1785. Son historias fantásticas e moi esaxeradas, propagadas sobre todo no xénero de literatura xuvenil.

Infotaula de personaBarón de Münchhausen

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(de) Hieronymus Carl Friedrich von Münchhausen Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de maio de 1720 Editar o valor em Wikidata
Bodenwerder Editar o valor em Wikidata
Morte22 de febreiro de 1797 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Bodenwerder Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEleitorado de Hanôver (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeImperio Ruso Editar o valor em Wikidata
Rama militarCabalaría Editar o valor em Wikidata
Rango militarRittmeister (pt) Traducir
soldado Editar o valor em Wikidata
Comandante de (OBSOLETO)Q245977 Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra Russo-Turca (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloBarón Editar o valor em Wikidata

Discogs: 1880453 WikiTree: Münchhausen-12 Editar o valor em Wikidata

As "aventuras" editar

Durante a xuventude Münchhausen serviu como paxe de Anthony Ulrich II, Duque de Brunswick-Lüneburg, e máis tarde entrou no exército ruso. Serviu ata 1750, participando en particular de dúas campañas contra os turcos. Ao volver a casa, comezou a espallar varias historias sobre as súas aventuras.

De acordo coas historias, recontadas por outros, os feitos incribles do Barón incluían viaxes en bolas de canón, xornadas pola Lúa e a fuga dun pantano ao tirar de si mesmo polos propios cabelos (ou polos cordóns das botas, dependendo da versión ).

Véxase tamén editar

Outros artigos editar