Baquílides
Baquílides (Βακχυλίδης) foi un poeta lírico grego, rival de Píndaro.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 516 a. C. Iulis, Grecia (en) |
Morte | c. 451 a. C. (64/65 anos) |
Actividade | |
Ocupación | poeta, dithyrambic poet (en) , escritor, epigramatista |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft |
Traxectoria
editarBaquílides naceu en Iulis, na illa de Ceos por volta do ano 520 a.C. e morreu o 451 a.C. Era o sobriño e discípulo do poeta Simónides, a quen seguiu á corte do tirano Hierón de Siracusa. A continuación percorreu as cortes de Tesalia e Macedonia. Ademais de epinicios (odas ao vencedor dos Xogos), compuxo himnos aos deuses e soberanos, como Alexandre, fillo de Amintas I. Pasou logo longo tempo en Atenas, onde participou en numerosos concursos.
O final da súa vida énos moi descoñecido. Talvez retornou a Ceos, onde canta ao atleta Lacón, vencedor dos Xogos olímpicos nas Odas 6 e 7. Segundo certos autores, exiliárase e atopara refuxio en Esparta, o que parece apoiarse na Oda 9 e no ditirambo Idas.
Obra
editarA tradición atribúelle a Baquílides seis libros de himnos aos deuses, tres libros de eloxios e un de epinicios. Até 1897 só se coñecían fragmentos, mais atopáronse dous rolos de papiro do século I ou II en Exipto que contiñan uns vinte dos seus poemas, aínda que teñan moitas lagoas:
- Oda 1: para Arxeios de Ceos, vencedor no combate de loita de rapaces, Xogos ístmicos, data descoñecida;
- Oda 2: para o mesmo, vencedor no combate de loita de rapaces, Xogos ístmicos, data descoñecida;
- Oda 3: para Hierón de Siracusa, vencedor na carreira de carros, Xogos olímpicos, 468;
- Oda 4: para o mesmo, vencedor na carreira de carros, Xogos délficos, 470;
- Oda 5: para o mesmo, vencedor na carreira de cabalos, Xogos olímpicos, 476;
- Oda 6: para Lacón de Ceos, vencedor na carreira pedestre de rapaces, Xogos olímpicos, 452;
- Oda 7: para o mesmo, vencedor na carreira pedestre de rapaces, Xogos olímpicos, 452;
- Oda 8: para Liparión de Ceos (?);
- Oda 9: na honra de Automedes de Flionte, vencedor do péntatlon nos Xogos de Nemea;
- Oda 10: para Pasias de Atenas, vencedor na carreira pedestre dos Xogos ístmicos, data descoñecida;
- Oda 11: para Alexidame de Metaponto, vencedor na loita de rapaces nos Xogos délficos, data descoñecida:
- Oda 12: para Tisias de Égine, vencedor de loita nos Xogos de Nemea, data descoñecida;
- Oda 13: para Piteas de Égine, vencedor de pancracio de rapaces nos Xogos de Nemea, 483 (?);
- Oda 14: para Cleoptóleme de Tesalia, vencedor na carreira de carros nos Xogos petreos, data descoñecida;
- Oda 14b: para Aristóteles de Larisa, vencedor dunha carreira hípica;
- Oda 15 (Ditirambo 1): os fillos de Antenor, ou Helena recobrada;
- Oda 16 (Ditirambo 2): Hércules (ou Deianira), para os Délficos;
- Oda 17 (Ditirambo 3): Teseo;
- Oda 18 (Ditirambo 4): Teseo;
- Oda 19 (Ditirambo 5): Io, para os Atenienses;
- Oda 20 (Ditirambo 6): Idas, para os Espartanos.
Nun dos seus ditirambos introduce por vez primeira na poesía grega un diálogo no que o director do coro se transforma en personaxe, o que se considera un antecedente remoto da primitiva traxedia ática.
A arte de Baquílides é de moito máis fácil acceso que a de Píndaro, o que explica a gran popularidade da que desfrutou na súa época. Mais a ollos da posterioridade foi eclipsado polo seu rival. O estilo de Baquílides é claro e sinxelo, pero detallista, elegante e con habilidade para os motivos mitolóxicos.