Bangassou
Coordenadas: 4°44′15″N 22°49′10″L / 4.737425, 22.819462
Bangassou | |
---|---|
Mercado central da cidade | |
Localización | |
País | ![]() |
Prefectura | Mbomou |
Xeografía | |
Altitude | 457 msnm |
Demografía | |
Poboación | 35 305 hab. (2012) |
Bangassou é unha cidade do sueste da República Centroafricana, que se atopa na ribeira norte do río Ubangi. A rexión que arrodea a cidade é famosa pola súa vida salvaxe. É a capital de Mbomou, unha das 14 prefecturas dos país.[1] Bangassou está unida á ribeira sur do río, xa parte da República Democrática do Congo, por transbordador.
Bangassou representa o principal centro comercial de Mbomou, contando con catro mercados e tendo a cobertura das principais redes de telefonía. Conta aínda co pequeno Aeroporto de Bangassou. A maior parte da poboación de Bangassou vive da agricultura de subsistencia.
No contexto da guerra civil na República Centroafricana, o 11 de marzo de 2013, elementos armados do grupo Séléka penetraron violentamente na rexión e apoderáronse da mesma, provocando a parálise dos servizos públicos e o corte das comunicacións por teléfono.[2] Porén, a situación normalizouse a finais de abril.
HistoriaEditar
Durante a ocupación colonial francesa do Estado Libre do Congo, foi estabelecida unha base militar francesa na rexión. En 1922, a Congregación do Espírito Santo estabeleceu unha misión católica na cidade. En 1931, a société cotonnière Comouna construíu um predio de procesamento de algodón en Bangassou, que se converteu en capital da prefectura de Mbomou en 1935.
Galería de imaxesEditar
NotasEditar
- ↑ "Central African Republic: largest cities and towns and statistics of their population". World Gazetteer. Consultado o 11 de maio de 2011.
- ↑ "Blog del cooperante español Ángel Santamaría, testigo del ataque a Bangassou".