Bandeira de Timor Leste

A bandeira de Timor Leste foi adoptada en 2002 e é a mesma que se empregou en 1975. A bandeira de Timor Oriental é un pano de cor vermella no que figuran dous triángulos isósceles coas súas bases (de igual tamaño) ocupando o bordo máis próximo ó mastro. Un destes triángulos é de cor negra e aparece superposto sobre outro, de cor amarela, ocupando dous terzos da súa altura. No centro do triángulo negro aparece representada unha estrela branca de cinco puntas.

Bandeira de Timor Leste
Bandeira de Timor Leste
Características
Uso
Proporción1:2
Adopción20 de maio de 2002
Cores     Vermello     Branco     Negro     Amarelo

A cor vermella representa a loita de liberación nacional, o amarelo alude ós vestixios do colonialismo na historia do país, o negro simboliza o escurantismo e o branco da estrela é a cor da paz.

Bandeira nun bote en Dili.

Outras bandeiras editar

 
Bandeira da CNRT

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar