A bandeira de Sark é un dos símbolos da illa de Sark. Componse dun fondo branco coa cruz de San Xurxo vermella e un cantón vermello que contén os dous leóns amarelos (ou en termos heráldicos "leopardos") da bandeira de Normandía. A diferenza dos clásicos estandartes brancos, os leóns da bandeira de Sark sobresaen fóra do cantón e desbordan a cruz vermella.[1][2]

Bandeira de Sark
Bandeira de Sark
Características
Uso
Proporción3:5
Adopción1938
Cores     Branco      Vermello      Amarelo

Foi deseñada por Herbert Pitt en 1938 e foi adoptada ese mesmo ano como estandarte persoal do Señor de Sark antes de converterse na bandeira da illa en 1987.[3] O cantón é semellante ás armas de Normandía, da que historicamente forman parte as Illas da Canle.

Bandeiras de Sark nas fiestras dunha tenda.

Notas editar

  1. "The Flag of Sark". BBC news Guernsey. 2008-04-03. 
  2. "Flag of Sark". Flag Institute. 
  3. "Bailiwick of Guernsey, Channel Islands". 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar