Bandeira de Pezós
A bandeira de Pezós é a bandeira oficial[1] do concello de Pezós no occidente de Asturias.
Características
editarTrátase dunha bandeira rectangular con tres bandas horizontais co mesmo grosor. A superior e a inferior son de cor rosa avermellada e a do medio branca. Sobre destas tres bandas resalta un amplo círculo de oito follas de videira de tamaños semellantes, divididos en dous grupos simétricos, de espello lonxitudinal pero coa orde invertida, de catro follas verdes; en cada grupo dúas follas con nervadura negra e as dúas restantes sen ela.
Historia
editarNo ano 2020 principiou o proceso de creación da bandeira por medio dun concurso público que recibiu 105 propostas e tras a escolla polos veciños de 23 un xurado composto por expertos en vexiloloxía, heráldica, xurisprudencia e historia seleccionou cinco[2] e, finalmente, a corporación municipal elixiu o deseño definitivo[3] que se converteu en oficial logo da súa publicación no Boletín Oficial del Principado de Asturias o 30 de abril de 2021 e, xa que logo, puido procederse ao seu izado na casa do concello de Pezós o 25 de xullo de 2021.[4]
Notas
editar- ↑ "Resolución de 30 de marzo de 2021, de la Consejería de Presidencia, por la que se aprueba la bandera del concejo de Pesoz". BOPA. 30 de abril de 2021.
- ↑ "Cinco diseños finalistas para la bandera de Pesoz". La Nueva ESpaña. 24 de xullo de 2020.
- ↑ "Pesoz tiene ya bandera oficial". Sociedad Española de Vexilología. 26 de agosto de 2020.
- ↑ "Pesoz estrena bandera de forma oficial". RTPA. 25 de xullo de 2021.