Bandeira de Macau

A bandeira de Macau, oficialmente a bandeira rexional da Rexión Administrativa Especial de Macau da República Popular da China (en chinés: 中華人民共和國澳門特別行政區區旗) é de cor verde claro cunha flor de loto sobre a estilizada Ponte Gobernador Nobre de Carvalho e auga de cor branca, debaixo dun arco circular de cinco estrelas douradas de cinco puntas. Ten unha estrela grande no centro do arco con dúas estrelas máis pequenas a cada lado da estrela grande, cada unha cun punto en ángulo directamente cara a fóra dende o centro do círculo común no que se atopan.

Bandeira de Macau
Bandeira de Macau
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción31 de marzo de 1993
Cores     Verde      Branco      Amarelo

O loto foi elixido como emblema floral de Macau. A ponte Gobernador Nobre de Carvalho é unha ponte que une a Península de Macau e a illa de Taipa. A ponte é un dos fitos máis recoñecibles para o territorio. A auga debaixo do loto e da ponte simbolizan a posición de Macau como porto e o seu papel no territorio. As cinco estrelas de cinco puntas fan eco do deseño da bandeira da República Popular da China, simbolizando a relación que ten Macau co seu estado soberano.

Segundo a Lei básica de Macau, a bandeira rexional de Macau é unha bandeira verde con cinco estrelas, flor de loto, ponte e auga de mar. Esta lei tamén aprobou que "ademais de mostrar a Bandeira da República Popular da China, a Rexión Administrativa Especial de Macau tamén pode usar unha bandeira rexional".[1]

Esquema de cores editar

 
Equema de cores
Verde Branco Amarelo
CMYK 95-0-17-54 0-0-0-0 0-13-88-0
HEX #067662 #FFFFFF #FFDF1E
RGB 6-118-98 255-255-255 255-223-30

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar