Bandeira de Finlandia

A bandeira de Finlandia (en finés: Suomen lippu, en sueco: Finlands flagga) componse dunha cruz azul sobre un fondo branco. Foi declarada oficial por unha lei promulgada o 29 de maio de 1918, case seis meses logo da independencia do país nórdico. Unha nova lei que a regula entrou en vigor en 1978. Hai dous modelos, a bandeira nacional (civil) e a bandeira oficial do Estado.

Bandeira de Finlandia
Bandeira de Finlandia
Características
Uso
Proporción11:18
Adopción29 de maio de 1918
Cores     Azul     Branco

A bandeira nacional

editar
 
Bandeira de Finlandia

A bandeira nacional ten forma rectangular e as súas dimensións son: 11 de alto por 18 de ancho. A cruz ten un ancho de 3 e cor PMS294C e está situada a unha altura de 4. O longo da área dende o pau ata a cruz é de 5, sendo o resto da superficie ata o final, de 10 unidades. Calquera cidadán finlandés goza do dereito de izar a bandeira nacional. Con certas excepcións, esta loce nos navíos finlandeses como a súa insignia nacional.

A bandeira oficial do estado

editar

A bandeira oficial do Estado pode ser rectangular ou ter tres puntas. O escudo de armas de Finlandia está inscrito no cadro que se forma na intersección de ambos os dous brazos da cruz. O cadrado ten un bordo amarelo, o ancho do cal é un corentavo do ancho da cruz. Os Ministerios e institucións oficiais ondean a bandeira oficial do estado con forma rectangular. As Forzas Armadas usan a que ten tres puntas, que é unha unidade máis grande cá bandeira nacional ou a oficial rectangular. O presidente da república emprega a de tres puntas en cuxa esquina superior esquerda aparece unha cruz da liberdade azul e amarela.

 
  Bandeira do Estado. Proporción: 11:18
 
  Bandeira da Armada. Proporción: 11:19
 
Estandarte presidencial

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar