Bandeira de Biafra

A bandeira de Biafra, empregada pola República de Biafra durante a guerra civil nixeriana (1967- 1970), consiste nun tricolor horizontal de vermello, negro e verde, cargado cun sol nacente dourado sobre unha barra dourada. Os once raios do sol representan as once antigas provincias de Biafra. Os raios adoitan ser longos e delgados, sendo os raios máis baixos case horizontais e os raios restantes espallados uniformemente entre eles.[1]

Bandeira de Biafra
Bandeira de Biafra
Características
Uso
Proporción1:2
Adopción1967
Cores     Vermello     Negro     Verde      Amarelo

No presente, a bandeira de Biafra é empregada para protestas contra o goberno nixeriano, que prohibe a súa utilización.[2]

A bandeira izouse por primeira vez o 30 de maio de 1967 e tivo un lugar destacado durante a delcaración de independencia do Coronel Odumegwu-Ojukwu's.[3]

  1. Znaimerowski, Alfred (2001). The World Encyclopaedia of Flags. Londres: Anness Publishing Ltd. p. 125. 
  2. "Por qué se despiertan hoy los fantasmas de Biafra, la guerra que dejó un millón de muertos hace 50 años". BBC. 15 de maio de 2017. Consultado o 19 de xullo de 2020. 
  3. Okonkwo, Ivan Emeka (2019-04-01). "POLITICAL ACTIVISM IN VISUAL EXPRESSION: IPOB AND THE BIAFRA QUESTION IN THE SOUTH EAST OF NIGERIA". Igwebuike: An African Journal of Arts and Humanities (en inglés) 4 (2). ISSN 2504-9038. Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2021. Consultado o 22 de febreiro de 2022.