Banda de música de Piloño
banda de música de Piloño, Vila de Cruces
A Banda de música de Piloño foi unha agrupación musical fundada na parroquia de Piloño, no concello pontevedrés de Vila de Cruces.
Anos de actividade | 1907-1941 |
---|---|
Enderezo | Piloño, Vila de Cruces |
Fundador | Gumersindo Castro García |
HistoriaEditar
O seu fundador e primeiro director foi Gumersindo Castro García, Estaquio, que xuntou aos músicos da antiga banda do Cotorral (1879-1899), da parroquia de Salgueiros, para formar esta agrupación no ano 1907. Tras el, a dirección correu a cargo de Antonio López García, a quen sucedeu Abeledo no ano 1936. Tras o paro provocado pola guerra, a banda volveuse xuntar para desaparecer definitivamente en 1941.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Alvarellos Iglesias, Enrique (1986). Bandas de música de Galicia. Lugo: Alvarellos.
Ligazóns externasEditar
- Unha terra de bandas (VIII), Faro de Vigo.