Banda de Música Xuvenil de Xinzo

banda de música de Xinzo, Ponteareas

A Banda de Música Xuvenil de Xinzo é unha banda de música popular de parroquia de Xinzo (Ponteareas).

Banda de Música Xuvenil de Xinzo
Tipogrupo musical
Data de fundación1979
SedeXinzo
PaísGalicia
Na rede
http://xinzo.org/bandademusicaxuvenildexinzo/historia.html
Facebook: bandademusicaxuvenildexinzo79 Instagram: bandademusicaxuvenildexinzo Souncloud: bandademusicaxuvenildexinzoofficial Spotify: 4hBFKdkiADpwkxsfDNtE2M iTunes: 1012667654 Deezer: 8348444 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Naceu no ano 1979 da man do trompista José Guillén Loranzo, músico militar con destino na banda de música do rexemento Murcia 42 de Vigo no cuartel en Barreiro.[1] A presentación oficial foi o 28 de xuño de 1981.

Segundo conta Delio Represas[2] seu pai coñeceu a Guillén nun bar de Xinzo e aos poucos días comezou a impartir aulas aos nenos da parroquía nunha furgoneta. Da furgoneta pasaron ao salón parroquial cedido polo cura e iso foi o xerme da banda.

Entre 2006 e 2007 contituíuse oficialmente a Escola de Música, creándose a Banda da Escola de Música. Actualmente[cando?] conta con máis de 60 alumnos e alumnos das diferentes especialidades instrumentais.

Directores editar

  • José Guillén Lorenzo.
  • Bolívar González Rodríguez.
  • Sergio Hurtado Carrascosa.
  • Antonio Budiño Durán.
  • Miguel Anxo Castro Carrera (1996-2006)
  • Álvaro Varela Ferradáns (2006-2007)
  • Iñaki Lecumberri Camps (2008)
  • César Núñez Pérez (2008-2011)
  • Juan Carlos Díaz Álvarez (2011-2014)
  • José Javier Bascoy Iglesias (2015-2015)
  • Ángel Antonio Montes Abalde (2016-2016)
  • Roberto Sánchez Barreiro (2016-2018)
  • Javier Blanco González (2018-2022)
  • Rodrigo Iglesias Silva (2022-)

Músicos destacados editar

Discografía editar

  • Banda de música xuvenil de Xinzo (Ponteareas) (1992). Fonoteca 92, casete. El Correo Gallego – CG-A66-L. Director: Bolivar González.[3]
  • Ponteareas (2016). Con música de Reveriano Soutullo. Dos acordes. Director: Juan Carlos Díaz.[4]

Notas editar

  1. "Historia". BANDA DE MÚSICA XUVENIL DE XINZO. Consultado o 18 de marzo de 2023. 
  2. "Cuando la música es vida". La Voz de Galicia. Consultado o 23 de marzo de 2023. 
  3. "Banda música Xuvenil de Xinzo". Discogs. Consultado o 18 de marzo de 2023. 
  4. "Ponteareas". Dos acordes. Consultado o 18 de marzo de 2023.