O distrito do Banato Norte (en serbio cirílico Севернобанатски округ, en serbio latino Severnobanatski okrug) é unha subdivisión administrativa da República de Serbia.

Situación do distrito do Banato Norte en Serbia.
Distritos de Voivodina.
Distribución da poboación por nacionacionalidades no Banato Norte (2002).
Distritos de Voivodina.

No censo de 2011 contaba cunha poboación de 146.690 habitantes.[1] A capital do distrito do Banato Norte é a cidade de Kikinda.

O distrito está situado no extremo norte de Serbia, na provincia autónoma de Voivodina, estendéndose pola parte norte do Banato serbio e por unha parte da rexión da Bačka.

Municipios do Banato Norte

editar
Nome Superficie
(en km²)
Poboación 2002[2] Poboación 2011[3] Estatuto
Ada 229 18.994 16.785 Municipio
Kanjiža 399 27.510 24.995 Municipio
Kikinda 782 67.002 59.329 Municipio
Novi Kneževac 305 12.975 11.232 Municipio
Senta 293 25.568 22.961 Municipio
Čoka 321 13.832 11.388 Municipio
Total 2.329 165.881 146.690

Distribución da poboación por nacionacionalidades (2002)

editar

No ano 2002, o distrito tiña 165.881 habitantes [3], repartidos da maneira seguinte:[4]

Nacionalidade Número %
Húngaros 78.551 47,35
Serbios 72.242 43,55
Romamís 3.944 2,37
Iugoslavos 3.018 1,81
Outros
  • Dous municipios tiñan maioría de serbios:
    • Kikinda (76,43 %)
    • Novi Kneževac (59,53 %).
  • Catro municipios tiñan mairoría de húngaros:
    • Ada (76,64 %)
    • Čoka (51,56 %)
    • Kanjiža (86,52 %)
    • Senta (80,51 %)

Linguas (2002)

editar

Cultura

editar

A cidade de Kikinda é célebre polos seus pintores, sobre todo Teodor Ilić Češljar, Nikola Aleksić, Djura Pecić e Djura Jakšić, este último tamén escritor.

  1. Censo oficial da poboación de Serbia 2011 (en inglés) Consultada o 10/1/2012.
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2017. Consultado o 10 de xaneiro de 2012. 
  3. 3,0 3,1 Véxase nota 1
  4. http://webrzs.stat.gov.rs/WebSite/ Arquivado 24 de marzo de 2017 en Wayback Machine. (en inglés) Consultada o 10/1/2012.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar