Banana Yoshimoto

escritora xaponesa

Banana "Nashe" Yoshimoto (よしもと ばなな Yoshimoto Banana?) nada o 24 de xullo de 1964 en Toquio, é o pseudónimo de Mahoko Yoshimoto (吉本 真秀子 Yoshimoto Mahoko?), unha novelista xaponesa contemporánea.

Infotaula de personaBanana Yoshimoto
Nome orixinal(ja) 吉本ばなな Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ja) 吉本 真秀子 Editar o valor em Wikidata
24 de xullo de 1964 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Bunkyō (Xapón) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeXapón Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Nihon (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEnsaio Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritora , ensaísta , prosista , novelista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1986 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoFicción especulativa Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua xaponesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaiTakaaki Yoshimoto (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsYoiko Haruno (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webyoshimotobanana.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0949012 Twitter: y_banana Bitraga: 2083 Musicbrainz: 6cbf50b4-9a3b-4b47-a1f6-e46b6aeff740 Discogs: 1251783 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

É filla de Takaaki Yoshimoto (coñecido tamén como Ryumei Yoshimoto, respectado e influente filósofo na década de 1960) e a súa irmá, Haruno Yoiko, é unha afamada mangaka no Xapón.

O seu amor pola natureza inflúe no seu nome artístico: ama as flores vermellas e carnosas do bananeiro, do que extraeu o pseudónimo co que se lle coñece no mundo: Banana.[1]

A súa novela debut, Kitchen (1988), conseguiu un éxito inmediato tras a súa publicación, o que lle valeu máis de sesenta edicións só no Xapón.

Existen dúas películas baseadas na obra, unha delas un filme para a televisión xaponesa e a versión cinematográfica producida en Hong Kong en 1997, que tivo unha maior comercialización. Esta novela escribiuna cando aínda estaba a estudar na Universidade de Nihon, e con ela gañou o premio Newcomer Writers Prize en 1987, e o Izumi Kyoka en 1989.

A súa obra fórmana ademais as novelas N.P. (1992), Sueño Profundo (1994), Tsugumi (1994), Lucertola (1995), Amrita (1997), Sly (1998), La última amante de Hachiko (1999), Honeymoon (2000), H.H. (2001), La pequeña sombra (2002), Presagio triste (2003), El lago (2011), Recuerdos de un Callejón Sin Salida (2011). Ademais de novelas, Banana Yoshimoto escribiu varias recompilacións de ensaios, entre os que se atopan Songs From Banana Note (1991) e Yume ni tsuite (1994).

Os críticos valoran que moitas das súas obras son comerciais e superficiais, pola contra, os seus seguidores, moi numerosos, opinan que captura perfectamente o significado da frustrante vida dos mozos xaponeses de hoxe. As súas novelas sempre están impregnadas de moitos valores da ideoloxía xaponesa.[1]

Obra traducida ao galego editar

  • Kitchen,[2] traducido por Mona Imai.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "El Portal de la Rosa de los Vientos". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2016. Consultado o 23 de maio de 2016. 
  2. "Libro Kitchen (gallego), Banana Yoshimoto, ISBN 9788493641320. Comprar en Buscalibre". www.buscalibre.cl (en castelán). Consultado o 2022-06-29. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar