Baltazar Maria de Morais Júnior

futbolista brasileiro
(Redirección desde «Baltazar (futbolista)»)

Baltazar Maria de Morais Junior, nado en Goiânia (Estado de Goiás) o 17 de xullo de 1959, foi un futbolista brasileiro que xogaba na demarcación de dianteiro.

Baltazar Maria de Morais Júnior
Información persoal
Nacemento 17 de xullo de 1959
Lugar de nacemento Goiânia
Altura 178 centímetros
Posición dianteiro
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Iniciou a súa carreira profesional en 1978 no Atlético-GO, acadando o título de máximo goleador do Campionato Goiano. No ano seguinte fichou polo Grêmio, onde conquistou os seus primeiros títulos co bicampionato Gaúcho de 1979 e 1980, e sendo máximo goleador do Campionato Gaúcho en 1980 (28 goles) e 1981 (20 goles)[1]. En 1981 fixo o gol que lle deu o primeiro título brasileiro ao Grêmio na final contra o São Paulo no Morumbi, logo de errar un penalti no partido de ida no estadio Olímpico Monumental. Baltazar xogou tamén no Flamengo, Botafogo e Palmeiras.

Chegou ao Celta de Vigo na tempada 1985-1986 logo de ser o máximo goleador na liga do Brasil con 51 goles. No seu primeiro ano non destacou demasiado pero na tempada 1986/87 formou unha letal parella con Pichi Lucas, que levou baixo a batuta de Colin Addison o equipo olívico ao ascenso a Primeira División con 34 goles, marcando tamén o penalti decisivo co que o Celta de Vigo gañou o play-off de ascenso a Primeira División ante o Deportivo da Coruña en Riazor.

No verán de 1988 foi traspasado ao Atlético de Madrid, na súa primeira campaña no equipo colchoneiro gañou o trofeo Pichichi de Primeira División con 35 goles, o que tamén lle valeu a Bota de Bronce como terceiro máximo goleador europeo do ano, por detrás dos romaneses Mateut (Dinamo de Bucarest) con 43 goles e Coras (Victoria de Bucarest) con 36 dianas.

Coa chegada de Javier Clemente ao banco do Atlético de Madrid no verán de 1989 perdeu a condición de titular, aínda que conseguiu ser, á idade de 30 anos, o terceiro máximo anotador da Liga, con 18 tantos. Ao ano seguinte o equipo madrileño fichou ao alemán Bernd Schuster e decidiu prescindir do brasileiro, que rematou a tempada no FC Porto, onde conquista a Copa de Portugal.

No verán de 1991 ficha polo Stade Rennes francés, onde xogará dúas tempadas, despois das cales regresa ao equipo da súa vila natal, o Goiás, aos 34 anos. Apraza o plan inicial de retirarse alí a causa dunha oferta da liga xaponesa e incorpórase ao Kyoto Purple Saga, onde se retira en 1996.

Foi convocado en sete ocasións pola Selección de fútbol do Brasil, marcando tres goles e gañando a Copa América de 1989.

Na actualidade segue sendo o xogador que máis goles marcou nunha mesma tempada en Segunda División.

Traxectoria editar

Ano Club País
1976-1979 Atlético Mineiro  
1979-1983 Gremio Portoalegre  
1983-1984 Palmeiras  
1984-1985 Flamengo  
1985-1986 Botafogo  
1985-1988 Celta de Vigo  
1988-1990 Atlético de Madrid  
1990-1991 Porto  
1991-1993 Stade Rennes  
1993-1994 Goias  
1991-1994 Kioto P.S.  

Notas editar

  1. SEBEN, Paulo. Dicionário gremista. Caxias do Sul, RS: BelasLetras, 2010. p. 57.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar