O balonmán praia é un deporte derivado do balonmán, adaptado para poder practicalo na praia, como sucede con outros deportes como o fútbol praia ou o volei praia. O cambio de superficie de parqué a area comporta a obrigación de adaptar o regulamento.

Campionato de España de balonmán praia de 2014, en Laredo (Cantabria).

Terreo de xogo editar

O campo ten unhas dimensión de 27 x 12 m (o terreo de xogo do balonmán tradicional é de 40 x 20 m). As liñas largas do terreo de xogo chámanse liñas de banda, e as curtas, liñas de portería. A portería está situada na metade da liña de portería e ten unha lonxitude de 3 m e unha altura de 2 m. A liña comprendida entre os dous paus da portería chámase liña de gol. A área da portería créase trazando unha liña paralela á liña de portería, a unha distancia de 6 m. A zona de xogo ten unha lonxitude de 15 m e un largo de 12 m. Está delimitada cunha cinta de 8 cm de largo fabricada en material elástico. A metade da zona de xogo ten que estar indicada sobre as liñas de banda cunha liña doutra cor de 15 cm de largo.

Para realizar os cambios, cada equipo dispón de dúas zonas, unha para o porteiro e outra para os xogadores de campo. A zona de cambio para o porteiro está situada fora do terreo de xogo como continuación transversal da área da portería, cun largo de 6 m (o mesmo que a área de portería). A zona de cambio dos xogadores de campo é o resto do exterior transversal do campo. Cada equipo dispón dun lateral de campo para a súa zona de cambios.

Pelota editar

Xógase cunha pelota de caucho ou goma, homologado pola Real Federación Española de Balonmán. O seu peso é de 360 gramos e o seu diámetro de 17,5 para os homes, e de 290 gramos e 16,5 cm de diámetro para as mulleres. Para os nenos pódese utilizar unha pelota de menores dimensións. Antes do partido hai que escoller 3 pelotas regulamentarias. Para evitar as excesivas interrupcións, o árbitro pode poñer en xogo unha pelota de reserva en calquera momento.

Equipos editar

Os equipos están compostos por catro xogadores cada un, incluído o porteiro. Cada equipo ten catro reservas. Dispoñen dun número de cambios ilimitado e normalmente os equipos fan entre 1 e 3 cambios en cada transición ataque-defensa e defensa-ataque para aproveitar a longa zona de cambios (toda a banda), que permite recortar o tempo de repregamento defensivo ou do contraataque ofensivo, e ao mesmo tempo permite que haxa especialistas defensivos e ofensivos. Ademais, o porteiro cámbiase cun xogador especialista, os goles do cal teñen valor dobre. Tanto o porteiro como o especialista deben entrar no campo pola mesma banda da área de portería, pero poden abandonalo por calquera punto da súa liña de banda.

Partidos editar

O partido divídese en dous sets de 10 minutos cada un. Cada parte iníciase cun servizo do árbitro, que lanza a pelota ao aire cunha traxectoria vertical e un xogador de cada equipo debe saltar para facerse coa pelota no momento en que estea baixando.

O equipo que ao final de cada set marque máis goles na portería rival gaña o set. En caso de empate ao final de cada set, o xogo reiníciase cun salto no centro do campo e gañará o primeiro equipo que anote (gol de ouro). Se un equipo gaña os dous sets, gaña o partido cun resultado de 2-0. Se os dous equipos gañan un set, o partido decídese na quenda de penaltis, nun sistema chamado shoot-out ou "xogador contra porteiro". O equipo que gaña a quenda de shoot-outs, gaña o partido cun resultado de 2-1.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar