Baldomero Nache
xornalista español
(Redirección desde «Baldomero Nache Cobos»)
Baldomero Nache Cobos, finado na Coruña o 15 de maio de 1898, foi un xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Morte | 15 de maio de 1898 ![]() A Coruña, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Traxectoria
editarEn 1877 foi elixido vogal da sociedade Reunión de obreros da Coruña[1] e foi membro da Junta de Defensa de Galicia (1893). Foi redactor de La Lira e dirixiu El Duende. Finou na Coruña o 15 de maio de 1898.[2][3] A súa viúva, Josefa Naya, seguiu rexentando o establecemento tipográfico La Gutemberg na Coruña.[4]
Vida persoal
editarCasou con Josefa Naya Vila e foi pai de Baldomero, Lina e María Nache Naya.[5][6][7]