Baldomero Lois Asorey

psiquiatra galego

Baldomero Lois Asorey, nado en Santiago de Compostela en 1900 e finado na mesma cidade o 12 de decembro de 1977,[1] foi un psiquiatra galego.

Infotaula de personaBaldomero Lois Asorey
Biografía
Nacemento1900 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de decembro de 1977 Editar o valor em Wikidata (76/77 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpsiquiatra Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Sobriño de Baldomero Lois Pérez. Licenciouse en Medicina e Cirurxía na Universidade de Santiago de Compostela en 1923, sendo Premio Extraordinario de Licenciatura. En 1924 aprobou a oposición da Beneficencia Municipal de Madrid e trasladase á capital onde iniciou a súa formación en Psiquiatría. Obtivo a praza de médico titular do Sanatorio de Conxo, onde realizou unha importante labor de renovación do establecemento. A súa actitude deu lugar a un conflito na empresa que rematou coa súa expulsión e a doutros médicos e empregados. En 1931 leu a súa tese de doutoramento La Creatinina en Psiquiatría. Logo da morte de Francisco Bacariza Varela en 1933, fíxose cargo do seu Sanatorio, no que intentou ofrecer unha asistencia psiquiátrica alternativa é que se vivía en Conxo. En 1957 publicou o libro La Histamina en el tratamiento de las enfermedades mentales, que presenta no Congreso Mundial de Psiquiatría de Zúric.

Vida persoal editar

Casou en 1929 con Aurora Asorey Segond, que finou en 1933; e en segundas nupcias con Josefina Mastach Prieto en 1939[2].

Notas editar

  1. Necrolóxica en ABC
  2. Noticia en El Compostelano, 19-6-1939, p. 2

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar