Baldaquino de San Salvador de Meis
construción relixiosa en Meis
Na igrexa de San Salvador de Meis (Meis) consérvanse catro pezas procedentes dun baldaquino, incrustadas no exterior do muro que circunda a igrexa, na praza anexa: tres ó redor dunha fonte e unha cuarta a uns metros á esquerda.
Baldaquino de San Salvador de Meis | |
---|---|
![]() Escena de Guerra | |
Presentación | |
Localización | Meis |
Dirección | Igrexa de San Salvador de Meis |
Coordenadas | 42°29′50″N 8°43′39″O / 42.497281324901, -8.7274307806931 |
Tipo | Baldaquino |
Descrición
editar- O Nacemento de Cristo: con san Xosé á esquerda, a mula e o boi sobre a moldura do arco, o meniño Xesús no seu presebe de pallas e a Virxe axeonllada á dereita.
- A adoración dos Reis, cos tres reis magos á esquerda, o central sinalando a estrela que os guía e o máis adiantado entregando os regalos; a Virxe en maxestade, sostendo no colo a Xesús, e san Xosé á dereita.
- O Descendemento, co corpo de Cristo centrado, sobre o colo da Virxe María, dous santos homes a ámbolos lados, un sosténdolle a cabeza e outro os pés, e á dereita san Xoán.
- Escena de guerra identificada popularmente como a Batalla de Clavijo. Representa un cabaleiro a cabalo, á dereita, que se enfronta a outra figura de pé situada á esquerda. Esta peza está separada das outras tres anteriores.
-
Nacemento de Cristo
-
Adoración dos Reis
-
Descendemento
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Filgueira Valverde, Xosé; Ramón Fernández-Oxea, Xosé (1987). Baldaquinos gallegos. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza. pp. 77–78.