Balbino Clemente

futbolista galego
(Redirección desde «Balbino Clemente García»)

Balbino Clemente Núñez, nado en Vedra o 6 de setembro de 1896 e finado o 28 de marzo de 1941[1], foi un futbolista galego, que xogaba de centrocampista.

Balbino Clemente
Información persoal
Nacemento 6 de setembro de 1896
Lugar de nacemento Vedra
Falecemento 28 de marzo de 1941
Posición centrocampista
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou a xogar no Fortuna de Vigo en 1915. En 1917 foi fichado polo presidente do Real Betis Balompié, Carlos Alarcón de la Lastra, xunto ao vigués Barzallana. Despois dunha tempada, fichou polo Sevilla Fútbol Club, onde estivo un ano. En 1919 regresou ao Fortuna.

Trala fusión en agosto de 1923 do Fortuna e o Vigo Sporting naceu o Real Club Celta, pasando Balbino a formar parte do primeiro equipo. Xogou no equipo celeste até 1926, anos nos que acadou tres campionatos de Galicia.

O 18 de decembro de 1921 xogou coa selección española en Madrid fronte a Portugal. O 19 de novembro de 1922 xogou o primeiro partido da selección galega, con vitoria fronte a Castela por 4 a 1 no campo de Coia. Posteriormente xogaría varios encontros máis co combinado galego.

Foi irmán do tamén futbolista Juan Clemente Núñez. No ano 1940 celebrouse un partido en Balaídos como homenaxe ao xogador, entre o Celta e xogadores veteranos do equipo[2]

Notas editar

  1. "Balbino Clemente, ha muerto". El Ideal Gallego. 29 de marzo de 1941. p. 2. 
  2. "El homenaje a Babino Clemente". El Pueblo gallego. 11 de xuño de 1940. p. 2. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar