Balbina López Somoza
Balbina López Somoza, nada en Eiré (Pantón) en 1910 e finada no Saviñao o 16 de xullo de 1985,[1] foi unha farmacéutica galega[2].
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1910 ![]() Eiré, España ![]() |
Morte | 16 de xullo de 1985 ![]() O Saviñao, España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | farmacéutica ![]() |
Traxectoria
editarEra filla dun labrego e dunha ama de casa. Foi interna no colexio das Calasancias de Monforte de Lemos, máis tarde pasou a Ourense e, en 1928, principou e culminaría (1934[3]) os seus estudos de Farmacia na Universidade de Santiago, tras a reforma legal de 1910 que lles permitía ás mulleres o acceso libre á Universidade en España e converteuse nunha das primeiras científicas luguesas.
En 1937 comprou a súa primeira farmacia en Ferreira. En 1939 trasladouse a Escairón, onde abriu unha farmacia; de igual maneira, habilitou un local de emerxencias para a poboación da montaña en Currelos.
Marchou a Madrid aprender Análise e, á volta, exerceu como inspectora farmacéutica municipal, analizando a auga da traída de Escairón.
Vida persoal
editarCasou con Manuel Alfonso Núñez, pai de dúas fillas dun matrimonio anterior e co que tería un único fillo (tamén Manuel). Foi unha entusiasta das viaxes, e coñeceu Xapón, o Brasil e diversos países de Europa.
Está soterrada no cemiterio municipal do Saviñao.
Recoñecementos
editarFoi nomeada Muller Pioneira Farmacéutica no IV Certame Mulleres de Lemos, organizado polo colectivo Lemos Le. [4]
Notas
editar- ↑ La Voz de Galicia, 17-7-1985, p. 42.
- ↑ Homenaxe a unha farmacéutica pioneira do Saviñao e Pantón, La Voz de Galicia, 10 de marzo de 2017.
- ↑ Pintos Barral, Xoana (2015). As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960.
- ↑ Fernández (2021)
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Fernández García, Isabel (2021). Pioneiras de Ciencias de Lugo . Editorial: Asociación Colectivo Egeria ISBN: 978-84-09-31713-4
Ligazóns externas
editar- Fernández García, María Isabel (2016). "Científicas lucenses do século XIX e comezo do XX: as primeiras universitarias de Ciencias de Lugo". Lucensia: miscelánea de cultura e investigación 27 (53): 31–64. ISSN 1130-6831.
- Núñez Álvarez, Lucía. MULLERES DE LEMOS: Balbina López Somoza, unha muller para o 8 de marzo [presentación ppt].
- O colectivo Lemos Le homenaxeou á farmacéutica do Saviñao Balbina López Somoza no IV Certame Mulleres de Lemos, na páxina web Encomún.es.