Bakesale é o quinto álbum de estudio da banda estadounidense de indie rock Sebadoh, publicado o 23 de agosto de 1994[1] a través do selo Sub Pop Records. É o primeiro disco de Sebadoh lanzado tras a marcha do membro fundador Eric Gaffney, aínda que gravou a batería en catro dos temas do traballo nunha sesión con Bob Weston como enxeñeiro. Tara Jane O'Neil colaborou coa batería en tres cancións. Bob Fay, que anteriormente substituíra a Gaffney, uniuse oficialmente á banda para este álbum. A portada é unha fotografía de Lou Barlow nu cando tiña un ano de idade sacada pola súa nai.

Bakesale
Álbum de Sebadoh
Publicado23 de agosto de 1994
Gravación1994
Duración41:51
Xénero(s)indie rock
Selo(s)Sub Pop Records
Producido porTim O'Heir
Cronoloxía
Bubble & Scrape
(1993)
Bakesale Harmacy
(1996)

Listaxe de cancións editar

N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "License to Confuse"  Barlow 1:45
2. "Careful"  Loewenstein 2:44
3. "Magnet's Coil"  Barlow 2:27
4. "Not a Friend"  Barlow 3:40
5. "Not Too Amused"  Loewenstein 4:15
6. "Dreams"  Barlow 2:39
7. "Skull"  Barlow 2:24
8. "Got It"  Loewenstein 2:16
9. "S. Soup"  Loewenstein 3:16
10. "Give Up"  Barlow 2:17
11. "Rebound"  Barlow 2:12
12. "Mystery Man"  Barlow 3:08
13. "Temptation Tide"  Fay 1:53
14. "Drama Mine"  Loewenstein 2:42
15. "Together or Alone"  Barlow 4:03

Notas editar

  1. "Bakesale - Sebadoh | Songs, Reviews, Credits". AllMusic (en inglés). Consultado o 2020-04-10.