Baixo mínimos

novela negra de Diego Ameixeiras

Baixo mínimos é unha novela negra de Diego Ameixeiras, publicada por Edicións Xerais en xuño de 2004. É a primeira da saga protagonizada polo detective Horacio Dopico.

Baixo mínimos
Autor/aDiego Ameixeiras
OrixeGaliza
Linguagalego
Xénero(s)Novela negra
EditorialEdicións Xerais
Data de pub.xuño de 2004
Formato14,5 x 22 cm.
edición rústica cosida a fío
Páxinas176
ISBNISBN 84-9782-167-X
Seguido porO cidadán do mes
editar datos en Wikidata ]

Sinopse editar

En Ourense aparece morto o avogado Adrián Seivane, e a versión policial afirma que se debe a un asasinato por parte do GIA (Grupo Independentista Armado), dado que coincide o calibre da arma utilizada nos crimes desta organización.

Porén, o comisario da cidade encarga a Horacio Dopico que investigue cales foron as causas e as circunstancias do falecemento.

Malia as ameazas recibidas polo grupo independentista e por uns colombianos traficantes de cocaína, Horacio descobre que o avogado levaba unha dobre vida, que frecuentaba un prostíbulo, e que a única relación que tiña coa súa muller era profesional, pois mantiñan negocios ilícitos.

O detective, Horacio Dopico, é un policía apartado do corpo debido aos seus excesos co alcol. Divorciado da súa muller, vive só nun piso moi desordenado, coa súa veciña lesbiana por única amizade.

O libro está narrado nunha linguaxe moi popular. O detective móvese por ambientes pouco exclusivos, e consome decote cocaína, haxix e whisky, relacionándose con traficantes e camareiros, e falando no seu argot.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  • Ficha na web da editorial.