Bai Bibyaon Ligkayan Bigkay

Bai Bibyaon Ligkayan Bigkay é unha líder e ecoloxista Lumad. É a primeira e única xefa na historia do pobo Manobo.[1] É defensora dos dereitos dos pobos indíxenas e foi defensora das terras ancestrais Manobo e da cordilleira do Pantaron desde 1994. A cordilleira do Pandaron alberga un dos bosques virxes máis grandes que quedan en Filipinas.[2] A cordilleira tamén fornece a auga dos principais ríos de Mindanao, incluíndo o río Mindanao, o río Pulangi, o río Davao , o río Tagoloan, e os principais afluentes do río Agusan.[3] Bigkay recibe o Bai honorífico que está reservado para as mulleres de estado de Mindanao e Bibyaon é o título de Bigkay como xefa da súa tribo.[4]

Infotaula de personaBai Bibyaon Ligkayan Bigkay
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor em Wikidata
Morte20 de novembro de 2023 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFilipinas Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónecoloxista Editar o valor em Wikidata

Estivo entre os dirixentes que se opuxeron ás operacións de corta masiva que destruirían as terras ancestrais Manobo en Talaingod, Davao do Norte.[1]

Bigkay recibiu o Gawad Tandang Sora da Universidade de Filipinas en 2017 polo seu liderado na loita dos pobos indíxenas polos dereitos humanos e dignidade.[5] Foi aclamada como a "Tandang Sora do campo… a Nai dos Lumads que inspira a revolución do pobo filipino pola autodeterminación nacional e a liberdade."[1]

Tamén foi recoñecida como a gañadora máis distinguida do 5.º Gawad Bayani ng Kalikasan (Premio ó Heroe do medioambiente) en 2018.[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Lumad Leader Bai Bibyaon Ligkayan Bigkay is 2017 UP Gawad Tandang Sora awardee" (en inglés). 22 de febreiro de 2017. Consultado o 2020-06-05. 
  2. "Lumad women, their inter-generational struggle for self-determination" (en inglés). 2019-08-14. Consultado o 2020-06-05. 
  3. 3,0 3,1 "We're all challenged to defend the environment' - Bibiaon Bigkay" (en inglés). 2018-03-17. Consultado o 2020-06-26. 
  4. "Bai Bigkay is Gawad Tandang Sora awardee". Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2021. Consultado o 16 de marzo de 2021. 
  5. "UP CSWCD names Bai Bibyaon Ligkayan Bigkay 2017 Gawad Tandang Sora honoree" (en inglés). 2017-02-24. Consultado o 2020-06-05.