Regreso ó futuro II

filme de 1989 dirixido por Robert Zemeckis
(Redirección desde «Back to the Future Part II»)

Regreso ó futuro II (en inglés: Back to the Future Part II) é un filme estadounidense dirixido por Robert Zemeckis que se estreou en 1989. Segunda parte da triloxía precedida por Back to the Future e seguida en Back to the Future Part III.

Regreso ó futuro II
Ficha técnica
Título orixinalBack to the Future Part II
DirectorRobert Zemeckis
Produtor
GuiónBob Gale
Baseado enHistoria de
  • Robert Zemeckis
  • Bob Gale
IntérpretesMichael J. Fox
Christopher Lloyd
Thomas F. Wilson
Lea Thompson
Elisabeth Shue
MúsicaAlan Silvestri
FotografíaDean Cundey
MontaxeHarry Keramidas
Arthur Schmidt
Estudio
DistribuidoraUniversal Pictures
Estrea1989
Duración108 minutos[2]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroFicción científica
Orzamento40 000 000 de dólares[3]
Recadación331 950 002 de dólares[3]
Filme anteriorBack to the Future
Filme seguinteBack to the Future Part III
Na rede
http://www.bttfmovie.com/ e https://www.backtothefuture.com/movies/backtothefuture2
IMDB: tt0096874 Filmaffinity: 775323 Allocine: 5247 Rottentomatoes: m/back_to_the_future_2 Mojo: backtothefuture2 Allmovie: v3672 TCM: 67921 Metacritic: movie/back-to-the-future-part-ii TV.com: movies/back-to-the-future-part-ii Netlix: 60010111Editar o valor em Wikidata

Foi estreado en galego pola Televisión de Galicia o 3 de maio de 1999.[4]

Sinopse editar

Aínda que a Marty McFly aínda lle falte tempo para asimilar o feito de estar vivindo dentro da familia perfecta grazas á súa anterior viaxe no tempo, o seu amigo Doc aparece de improviso co DeLorean máquina do tempo (moito máis modernizado), e insta a que o acompañen el e súa moza Jennifer a viaxar ó futuro para solucionar un problema coa lei que terá un dos seus futuros fillos. No tremendo vórtice futurista do Hill Valley de 2015, a presenza de tales viaxeiros temporais causará un efecto maior que o que ían arranxar. Un almanaque deportivo e a posesión do segredo da existencia da máquina do tempo por parte do sempre vilán Biff Tannen, serán os ingredientes que conxugarán unha causa-efecto no pasado, no presente e no propio futuro, que fará que Marty e Doc se teñan que empregar a fondo para poñer fin ás catástrofes.

Personaxes editar

Galardóns e nomeamentos editar

  • 1989: Nomeada ó Oscar: Mellores efectos visuais.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 AFI Catalog of Feature Films (ed.). "Back to the Future Part II". Consultado o 9 de xullo de 2017. 
  2. "Back To The Future Part II (PG)". British Board of Film Classification. 22 de novembro de 1989. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2015. Consultado o 21 de xuño de 2015. 
  3. 3,0 3,1 "Back to the Future II (1989)". Box Office Mojo. Consultado o 31 de decembro de 2016. 
  4. La Voz de Galicia, 3 de maio de 1999. Páx. 79

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar