Concello de Bacalar

(Redirección desde «Bacalar (concello)»)

Bacalar é o municipio mais novo de México ao sur do Estado de Quintana Roo creado no 2011, en México. Limita ao norte coas municipalidades mexicanas de José María Morelos e Felipe Carrillo Puerto, ao sur co Othón P. Blanco e ao oeste o Estado de Campeche, en particular co concello de Calakmul. A cabeceira municipal é Bacalar.[1]

Modelo:Xeografía políticaConcello de Bacalar
Bacalar (es) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 18°55′N 88°21′O / 18.92, -88.35Coordenadas: 18°55′N 88°21′O / 18.92, -88.35
EstadoMéxico
Estado federadoQuintana Roo Editar o valor em Wikidata
CapitalBacalar Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Escindido deOthón P. Blanco (2011) Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación41.754 (2020) Editar o valor em Wikidata (6,89 hab./km²)
Xeografía
Superficie6.058,5 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude32 m-110 m Editar o valor em Wikidata
Creación2 de febreiro de 2011 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal77900–77947 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico983 Editar o valor em Wikidata

Páxina webbacalar.gob.mx Editar o valor em Wikidata

Étimo do topónimo editar

Bacalar identifícase coa palabra maia Bak'alja' (cfr. maia actual Bak: cana; e o sufixo -ja: auga). O seu significado pode por tanto ser "lugar de canas na auga".

Xeografía editar

O municipio de Bacalar localízase no sur do estado de Quintana Roo e todo o seu territorio formaba parte con anterioridade á súa creación do concello de Othón P. Blanco. Conta cun litoral de 20,1 quilómetros de extensión no mar Caribe. De acordo ao decreto de creación, ten unha extensión territorial de 7.161,1 quilómetros cadrados que inclúen un sector de territorio en conflito co estado de Campeche.[2]

Demografía editar

Segundo o mesmo decreto, a súa poboación aproximada é de 32.000 habitantes.[2]

Localidades editar

No seu territorio hai un total de 57 localidades, sendo a poboación das principais as seguintes:

Localidade Poboación
Total Concello 32 759
Bacalar 11 048
Limones 2 535
Maya Balam 2 018
Pedro Antonio Santos 497

Política e goberno editar

 
Forte de Bacalar.
 
Lagoa de Bacalar, en Xula (Quintana Roo)

O concello de Bacalar foi creado segundo decreto do Congreso de Quintana Roo o 2 de febreiro de 2011,[3] segregando o seu territorio do concello de Othón P. Blanco culminando un proceso que deuse iniciado no 2001.

Alcaldes (Presidentes municipais) editar

  •   Francisco Flota Medrano (2011-2013) Primeiro alcalde do concello
  •   José Alfredo Contreras Méndez (2013-2016)
  •   Alexander Zetina Aguiluz (2016-actualidade)

Goberno provisional editar

De acordo ao decreto, o goberno do concello correspóndelle provisionalmente ao Consello Municipal designado polo propio Congreso do Estado, entrando en funcións o 11 de abril de 2011 e concluíndoas o 29 de setembro de 2013. O consello está integrado por un Presidente Municipal, un Síndico e o cabido conformado por nove rexidores. O primeiro consistorio constitucional foi electo o primeiro domingo de xullo de 2013, entrando en funcións o 30 de setembro do mesmo ano, xunto co resto dos concellos do estado.[2]

O 23 de marzo de 2011 o Congreso de Quintana Roo elixiu o Consello Municipal de acordo ao parágrafo anterior, designando como presidente do mesmo a Francisco Flota Medrano, asumindo as súas funcións o devandito 11 de abril.[4]

Representación lexislativa editar

Para a elección de Deputados locais ao Congreso de Quintana Roo, e de Deputados federais á Cámara de Deputados do Congreso da Unión, o municipio de Bacalar encóntrase integrado aos seguintes distritos electorais:

Local:

Federal:

Notas editar

  1. [1] Bacalar
  2. 2,0 2,1 2,2 "Aprueba El Congreso Del Estado La Creación Del Municipio De Bacalar". El punto sobre la I (en castelán). 2-2-2011. Arquivado dende o orixinal o 12-05-2012. Consultado o 5-2-2011. 
  3. Hernández, Silvia (2-2-2011). "Bacalar, el décimo municipio de Q. Roo". El Universal (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 08-06-2013. Consultado o 5-2-2011. 
  4. Hernández, Silvia (23-3-2011). "PRI encabezará primer gobierno en Bacalar, QR". El Universal (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26-03-2011. Consultado o 30-3-2011. 
  5. Instituto Federal Electoral. "Condensado de Quintana Roo" (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18-11-2008. Consultado o 5-2-2011.