Baños de Cerrato
Baños de Cerrato é unha localidade do concello de Venta de Baños, na provincia de Palencia. Atópase ao leste da capital municipal, a 1 km escaso. O concello chamábase Baños de Cerrato ata 1977, ano en que pasa a chamarse Venta de Baños.

Tiña unha poboación de 378 habitantes en 2015.
Lugares de interese
editarEntre os seus monumentos cabe destacar:
- Basílica de San Juan Bautista, do século VII.
- Igrexa de San Martín de Tours, do século XVI.
- Fonte de San Juan, xoia da arte visigótica.
Festas e celebracións
editarEntre as súas celebracións destacan as festas de San Xoán Bautista, o 24 de xuño, nas que se realiza o rito hispano-visigótico-mozárabe na basílica dende 1974, entre outras actividades.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Baños de Cerrato |