Niners Chemnitz

(Redirección desde «BV Chemnitz 99»)

O Niners Chemnitz e.V., anteriomente coñecido como BV Chemnitz 99, é un equipo profesional de baloncesto alemán con sede na cidade de Chemnitz, Saxonia. Fundado en 1999, actualmente compite na Basketball Bundesliga, máxima categoría do baloncesto xermano. O equipo xoga os seus partidos como local no Chemnitz Arena, pavillón con capacidade para 5 200 espectadores.[1]

Niners Chemnitz
Información xeral
Liga BBL
Alcume Orange Army (Exército laranxa)
Fundación 1999
Historia BV Chemnitz 99 (1999–2001)
BV TU Chemnitz 99 (2001–2017)
Cores                Laranxa, vermello, branco
Presidente Alemaña Micaela Schönherr
Adestrador Rodrigo Pastore
Localización
Cidade Alemaña Chemnitz, Alemaña
Pavillón Chemnitz Arena
Capacidade 5 200
Inauguración 2003
chemnitz99.de

Historia editar

O club foi fundado no ano 1999 co nome de "BV Chemnitz 99", xurdindo da fusión do BG Chemnitz e do Lok Chemnitz. No ano 2001, o Chemnitz 99 comezou a cooperar coa Universidade Politécnica de Chemnitz (en alemán: Technische Universität Chemnitz), polo cal o club engadiu ao seu nome as siglas "TU", pasando o equipo masculino a denominarse BV TU Chemnitz 99 e o feminino Chemcats Chemnitz. No caso do equipo masculino, recibiu o alcume de Niners (do inglés: Noves) debido ao ano de fundación do equipo. Após varios anos na segunda categoría do baloncesto xermano, a ProA, no ano 2015 chega ao equipo o adestrador Rodrigo Pastore, o que levou ao equipo a finalizar regularmente entre os primeiros postos da táboa de clasificación. No ano 2017 o club adoptou o seu alcume como nome oficial, pasando a denominarse "Niners Chemnitz". Na temporada 2019−20, marcada pola pandemia de COVID-19, o equipo consegue o por vez primeira ascenso á máxima categoría do baloncesto alemán, a Basketball Bundesliga.[2]

Temporadas editar

Ano Nivel Liga Pos. Outras competicións
2010–11
2
ProA
2011–12
2
ProA
2012–13
2
ProA
10º
2013–14
2
ProA
11º
2014–15
2
ProA
13º
2015–16
2
ProA
2016–17
2
ProA
2017–18
2
ProA
11º
2018–19
2
ProA
2019–20
2
ProA
2020–21
1
BBL
14º

Xogadores editar

 
Takumi Ishizaki.

Destacados editar

Notas editar

  1. "Niners Chemnitz". The Sports DB (en inglés). Consultado o 7 de agosto de 2021. 
  2. "Niners Chemnitz: Aufstieg in Basketball-Bundesliga ohne Feier". Sportbuzzer.de. 23 de marzo de 2020. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2021. Consultado o 7 de agosto de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar