Berkeley Software Distribution
BSD son as siglas de Berkeley Software Distribution (Distribución de Software Berkeley). Utilízanse para identificar un tipo de sistema operativo derivado do UNIX nado a partir das contribucións realizadas a ese sistema pola Universidade de Berkeley en California.
Berkeley Software Distribution | |
---|---|
![]() | |
Nome curto | BSD ![]() |
Tipo | UNIX ![]() |
Epónimo | Universidade de California, Berkeley ![]() |
Historia | history of the Berkeley Software Distribution (en) ![]() ![]() |
Licenza | Licenza BSD ![]() |
Baseado en | Research Unix (pt) ![]() ![]() |
Linguas
| |
Características | |
Linguaxe de programación | C ![]() |
Datas | |
Creación | 1977 ![]() |
Persoas e organizacións | |
Desenvolvedor | Universidade de California, Berkeley ![]() |
Cronoloxía | |
← UNIX ![]() | |
[ Wikidata ] |
Historia
editarNos primeiros anos do sistema UNIX, os seus creadores, os Laboratorios Bell da compañía AT&T, autorizaron á Universidade de California en Berkeley e a outras universidades a utilizar o código fonte e adaptalo as súas necesidades. Durante a década dos setenta e dos oitenta Berkeley utilizou o sistema para as súas pescudas e investigacións en materia de sistemas operativos. Cando AT&T retirou o permiso de uso á universidade por motivos comerciais, a universidade promoveu a creación dunha versión inspirada no sistema UNIX mediante a reescritura das partes descendentes deste e utilizando as contribucións que eles realizaran —especialmente a súa implementación do TCP, o primeiro compoñente en ser distribuído por separado—, permitindo despois a súa distribución con fin académico e ao cabo dalgún tempo reducindo ao mínimo as restricións referentes á súa copia, distribución e modificación (a licenza BSD).
Algúns sistemas operativos descendentes do sistema desenvolvido por Berkeley son o SunOS, o FreeBSD, o NetBSD, o OpenBSD e o Mac OS X. BSD tamén fixo grandes contribucións no campo dos sistemas operativos en xeral como o manexo de memoria virtual paxinado por demanda, o control de traballos, o Fast FileSystem, o protocolo TCP/IP e o editor de texto vi.