BMW Z3
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2013.) |
Este artigo ou apartado contén afirmacións non neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de forma subxectiva sen achegar información neutral e verificable. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
O BMW Z3 e un automóbil deportivo fabricado por BMW entre os anos 1996 e 2002. Trátase dun bipraza de motor dianteiro lonxitudinal e tracción traseira, con dúas posibles configuracións de carrocería: convertible de teito de lona ("Z3 Roadster") e pechado de teito rixido ("Z3 Coupé"). A versión roadster foi a primeira en saír ao mercado e polo tanto a de maior éxito comercial xa que estivo en produción durante máis tempo que a versión Coupe, que apareceu nos dous últimos anos de produción. Fabricaronse arredor das 220.000 unidades da versión Roadster fronte a unhas escasas 11.000 unidades da versión Coupe. Aínda que cun lapso de tempo duns 5 anos este vehiculo e o sucesor do BMW Z1, co que a marca bávara inagurou a súa serie Z (Zukunft palabra alemá para futuro). O igual que o Z1 o concepto deste deportivo biplaza inspírase no BMW 507 de 1955-58, deseñado polo conde Albrecht Goertz, que é considerado por moitos coma un dos automóbiles máis fermosos da historia. A súa presentación ao público tivo lugar cunha breve aparicion na película GoldenEye de James Bond. As patentes de deseño foron presentadas o 2 de abril de 1994 en Alemaña e o 27 de setembro do mesmo ano nos Estados Unidos.
BMW Z3 | |
---|---|
Tipo | Automóbil deportivo |
Fabricante | BMW |
Marca | BMW (en) |
País | Alemaña |
Deseño | Joji Nagashima |
Configuración | |
Segmento | Segmento S |
Carrozaría | Cupé de 2 portas Roadster de 2 portas |
Dimensións | |
Lonxitude | 4025 mm |
Anchura | 1692 mm |
Altura | 1293 – 1306 mm |
Distancia eixes | 2446 mm |
Peso | 1160 – 1400 kg |
Características técnicas | |
Motor | motor de gasolina |
Modelos relacionados | |
← BMW Z1 BMW Z4 → | |
[ Commons ] [ Wikidata ] |
A súa ensamblaxe faciase na planta que BMW ten na localidade de Greer, Carolina do Sur, Estados Unidos (BMW US Mfg. Comp.).
Descrición
editarO Z3 foi deseñado por Joji Nagashima, membro do equipo de BMW Desing, en 1993 coma un desenvolvemento a partir da plataforma do E36 da 3 Series. A plataforma resultante foi denominada co código interno de BMW E36/7 para a versión Roadster e E36/8 para a versión Coupé. Nesta nova plataforma substituíase a suspensión multibrazo do E46 por unha de brazo tirado dipoñble no E30. Nun primeiro momento o BMW z3 foi equipado soamente co motor 1.900 cc M44B19 de catro cilindros en liña, pero que non cumpría as expectativas da marca nin dos usuarios no que a potenza se refire. Ademais diso detalles coma poden ser o feito de dispor dunha luneta traseira plástica e uns interiores relativamente pobres para os standares de BMW, facía que outros vehículos similares e de prezo claramente inferior coma pode ser o Mazda MX5 (Miata) fosen máis atractivos dende un punto de vista comercial.
No ano 1997 substituiuse o motor de 1.900 cc e 4 cilindros por un 6 clidndros de 2.800 cc. O motor de 2.800 cc (M52B28), similar ao do BMW M52 6 en liña, do 328i pero co bloque e culata en aluminio. A versión M Roadster apareceu en 1998 co motor 3.200 cc S52B32. No 1999, o motor de 1.900 cc e 4 cilindros foi substituído polo 2.500 cc e 6 cilindros en liña M52TUB25 170 cv (130 kW), nos Estados Unidos, mentres que no resto do mundo substituiuse polo 2.0 de 6 cilindros de 148 cv (110 kW) .
O preparador alemán AC Schnitzer sacou unha versión do Z3 cun motor V8 de 4.4L na versión Roadster e 5.0L na versión Coupé, chamado Hartge Z3 MQP V8).
A gama completa de motores foi cambiada no ano 2000 pasando a usarse os motores de 2.2 L M54B22 (só fora dos EEUU), 2.5 L M54B25, 3.0 L M54B30, e (para o M Roadster) 3.2 L S54B32. Estes 3 motores de 6 cilindros en liña sobreviviron ata o final da vida de produción do vehiculo.
Motores
editarMotor | Cilindrada | Número de cilindros / de válvulas |
Potencia | Par | Anos |
---|---|---|---|---|---|
M43 B18 | 1796cc | 4/8 | 85 kW (115CV) a 5500 rpm | 168Nm a 3900rpm | 1996–1998 |
M43TU B19 | 1796 cm | 4/8 | 87 kW (118CV) a 5500 rpm | 180Nm a 3900rpm | 1998–2002 |
M44 B19 | 1895cc | 4/16 | 103 kW (140CV) a 6000rpm | 180Nm a 4300rpm | 1995–1999 |
M52TU B20 | 1991cc | 6/24 | 110 kW (150CV) a 5900rpm | 190Nm a 4200rpm | 1999–2000 |
M54 B22 | 2171cc | 6/24 | 125 kW (170CV) a 6100rpm | 210Nm a 3500rpm | 2000–2002 |
M52 B28 | 2793cc | 6/24 | 141 kW (192CV) a 5300rpm | 280Nm a 3950rpm | 1997–1998 |
M52TU B28 | 2793cc | 6/24 | 142 kW (193CV) a 5500rpm | 280Nm a 3500rpm | 1998–2000 |
M54 B30 | 2979cc | 6/24 | 170 kW (231CV) a 5900rpm | 300Nm a 3500rpm | 2000–2002 |
S50 B32 | 3201cc | 6/24 | 236 kW (321CV) a 7400rpm | 350Nm a 3250rpm | 1997–2001 |
S54 B32 | 3246cc | 6/24 | 239 kW (325CV) a 7400rpm | 354Nm a 4900rpm | 2001–2002 |