KK Krka

(Redirección desde «BC Krka Novo mesto»)

O Košarkarski klub Krka Novo mesto, comunmente coñecido como Krka, é un club de baloncesto da cidade de Novo Mesto, Eslovenia. Actualmente compite na Liga Telemach, a máxima competición do baloncesto esloveno, así como na Liga do Adriático. Disputa os seus partidos como local no Dvorani Leona Štuklja, pavillón con capacidade para 2.500 espectadores.

KK Krka
Información xeral
Liga 1. SKL / Liga ABA
Fundación 1948
Cores           Verde, branco
Presidente Eslovenia Brane Kastelec
Adestrador Bosnia e Hercegovina Ivan Velić
Patrocinador Farmacéutica Krka
Localización
Cidade Eslovenia Novo Mesto, Eslovenia
Pavillón Dvorani Leona Štuklja
Capacidade 2.500
Campionatos
EuroChallenge 1 (2011)
Liga 7 (2000, 2003, 2010−2014)
Copa 2 (2014, 2015)
Supercopa 4 (2011, 2012, 2013, 2015)
basket.krka.si

Historia editar

O club fundouse en 1948, pero non foi até 1983 cando conseguiu o seu primeiro título nacional. Tras a disolución de Iugoslavia, o equipo sufriu un declive ata que en 1997 regresou á máxima competición eslovaca, tomando dende ese intre o nome do seu patrocinador, Krka. O seu primeiro título nacional chegou nesta nova etapa en 2000, cando bateron ao eterno rival, a Union Olimpija na final da liga eslovena.

En 2003 repetiron título, logrando ademais clasificarse para a final da ULEB Eurocup, na que caeron a dobre partido ante o Pamesa Valencia español. Pero o seu maior éxito chegaría en 2011, cando, tras conquistar por terceira vez no campionato do seu país o ano anterior, lograría gañar o EuroChallenge tras imporse na final ao Lokomotiv Kuban ruso.

Palmarés editar

Local editar

  • Liga de Eslovenia
    • Campión (7): 2000, 2003, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014
  • Copa de Eslovenia
    • Campión (2): 2014, 2015
  • Supercopa de Eslovenia
    • Campión (4): 2011, 2012, 2013, 2015

Europeo editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar