Apolipoproteína H

(Redirección desde «B2GP1»)

A apolipoproteína H (Apo-H), tamén chamada β2-glicoproteína 1 ou beta-2 glicoproteína 1 (β2-GP1), é unha proteína do plasma multifuncional de 38 kDa que nos humanos está codificada no xene APOH do cromosoma 17.[1] Unha das súas funcións é unirse á cardiolipina. Cando se une, as estruturas da cardiolipina e da apolipoproteína H sofren grandes cambios.[2] Formando parte da estrutura da Apo-H hai un tramo de aminoácidos cargados positivamente (nas posicións da secuencia 282-287), Lys-Asn-Lys-Glu-Lys-Lys, que están implicados na unión a fosfolípidos.[3]

APOH
Estruturas dispoñibles
PDBBuscar ortólogos: PDBe, RCSB
Identificadores
Nomenclatura
SímboloAPOH (HGNC: 616)
Identificadores
externos
LocusCr. 17 q24.2
Padrón de expresión de ARNm
Máis información
Ortólogos
Especies
Humano Rato
Entrez
350 11818
Ensembl
Véxase HS Véxase MM
UniProt
P02749 Q01339
RefSeq
(ARNm)
NM_000042 NM_013475
RefSeq
(proteína) NCBI
NP_000033 NP_038503
Localización (UCSC)
Cr. 17:
66.21 – 66.26 Mb
Cr. 11:
108.23 – 108.31 Mb
PubMed (Busca)
350


11818

A ApoH ou β2-GP1 ten unha complexa implicación na aglutinación. Parece alterar a aglutinación de plaquetas mediada por adenosín difosfato (ADP).[4] Normalmente, a β2-GP1 ten unha actividade de anticoagulación no soro (ao inhibir factores de coagulación); porén, os cambios nos factores sanguíneos poden resultar na reversión desa actividade.

Aínda que esta proteína recibiu o nome de apolipoproteína H (e o seu símbolo en HGNC é APOH), non está presente en cantidades apreciables nas fraccións das lipoproteínas, polo que ApoH é, por tanto, un nome pouco apropiado e utilízase tamén o nome de β2-glicoproteína 1.[5]

Actividades inhibitorias editar

A β2-GP1 ou ApoH parece inhibir completamente a liberación de serotonina polas plaquetas[6] e impide sucesivas vagas de agregación inducida por ADP. A actividade de β2-GP1 parece implicar a unión de compostos aglutinantes, cargados negativamente e inhibe a aglutinación por activación por contacto da vía de coagulación sanguínea intrínseca.[7] A β2-GP1 causa unha redución dos sitios de unión da protrombinase nas plaquetas e reduce a activación causada polo coláxeno cando a trombina está presente a concentracións fisiolóxicas séricas de β2-GP1, o que suxire un papel regulatorio da β2-GP1 na coagulación.[8]

A β2-GP1 tamén inhibe a xeración de factor Xa en presenza de plaquetas.[9] A β2-GP1 tamén inhibe activación do factor XIIa.[10]

Ademais, a β2-GP1 ou ApoH inhibe a activación da proteína C bloqueando a súa actividade en vesículas de fosfatidilserina:fosfatidilcolina,[11] pero unha vez a proteína C se activa, a Apo-H non pode inhibir a actividade. Como a proteína C está implicada na degradación do factor Va, a Apo-H inhibe indirectamente a degradación do factor Va.[12] Esta actividade inhibitoria diminúe cando se engaden fosfolípidos, o que parece indicar que a inhibición pola Apo-H da proteína C é competitiva cos fosfolípidos.[13] Isto indica que en certas condicións a Apo-H asume propiedades procoagulativas.

Patoloxía editar

Os anticorpos anti-β2-GP1 poden encontrarse en doenzas tanto infecciosas coma algunhas autoinmnes sistémicas (por exemplo, o lupus eritematoso sistémico).[14] A positividade para anticorpos anti-cardiolipina en tests de diagnóstico da síndrome antifosfolípidos autoinmune require a presenza de β2-GP1 no extracto de cardiolipina.[15][16] Os anticorpos anti-β2-GP1 están claramente asociados con formas trombóticas de lupus.

Dominio proteico Sushi 2 editar

Sushi_2
 
Estrutura de RMN do quinto dominio da beta-2 glicoproteína 1 humana
Identificadores
SímboloSushi_2
PfamPF09014
InterProIPR015104

En bioloxía molecular o dominio proteico Sushi 2 tamén se coñece como o quinto dominio proteico da beta-2-glicoproteína 1 (β2-GP1 ou ApoH). Este dominio proteico só se encontra en eucariotas. Os primeiros catro dominios que se encontran na apolipoproteína H son todos semellantes, mais o quinto parece ser diferente.[17]

Estrutura editar

Este dominio proteico está composto por catro febras beta antiparalelas ben definidas e dúas curtas hélices alfa, así como un bucle longo e altamente flexible.[18] Adicionalmente, o quinto dominio proteico parece asemellarse aos outros catro na apolipoproteína coa excepción de tres pontes disulfuro internas e un bucle extra C-terminal.[17]

Función editar

A súa función exacta aínda non foi completamente dilucidada; porén, sábese que desempeña un importante papel na unión de β2-GP1 a compostos cargados negativamente e a subseguinte captura para a unión de anticorpos anti-β2-GP1.[18] O desenvolvemento de anticoros contra β2-GP1 pode orixinar a síndrome antifosfolípidos que a miúdo causa complicacións no embarazo.[17]

Notas editar

  1. "APOH - Beta-2-glycoprotein 1 precursor - Homo sapiens (Human) - APOH gene & protein". UniProt. Consultado o 5 de maio de 2019. 
  2. Borchman D, Harris EN, Pierangeli SS, Lamba OP (1995). "Interactions and molecular structure of cardiolipin and beta 2-glycoprotein 1 (beta 2-GP1)". Clin. Exp. Immunol. 102 (2): 373–8. PMC 1553418. PMID 7586693. doi:10.1111/j.1365-2249.1995.tb03792.x. 
  3. Sheng Y, Sali A, Herzog H, Lahnstein J, Krilis SA (1996). "Site-directed mutagenesis of recombinant human beta 2-glycoprotein I identifies a cluster of lysine residues that are critical for phospholipid binding and anti-cardiolipin antibody activity". J. Immunol. 157 (8): 3744–51. PMID 8871678. 
  4. Nimpf J, Wurm H, Kostner GM (1985). "Interaction of beta 2-glycoprotein-I with human blood platelets: influence upon the ADP-induced aggregation". Thromb. Haemost. 54 (2): 397–401. PMID 4082080. doi:10.1055/s-0038-1657748. 
  5. Ağar C, de Groot PG, Levels JH, Marquart JA, Meijers JC (xaneiro de 2009). "Beta2-glycoprotein I is incorrectly named apolipoprotein H". Journal of Thrombosis and Haemostasis 7 (1): 235–6. PMID 19017258. doi:10.1111/j.1538-7836.2008.03223.x. 
  6. Nimpf J, Wurm H, Kostner GM (1987). "Beta 2-glycoprotein-I (apo-H) inhibits the release reaction of human platelets during ADP-induced aggregation". Atherosclerosis 63 (2–3): 109–14. PMID 3827975. doi:10.1016/0021-9150(87)90110-9. 
  7. Schousboe I (1985). "beta 2-Glycoprotein I: a plasma inhibitor of the contact activation of the intrinsic blood coagulation pathway". Blood 66 (5): 1086–91. PMID 4052628. doi:10.1182/blood.V66.5.1086.1086. 
  8. Nimpf J, Bevers EM, Bomans PH, et al. (1986). "Prothrombinase activity of human platelets is inhibited by beta 2-glycoprotein-I". Biochim. Biophys. Acta 884 (1): 142–9. PMID 3768409. doi:10.1016/0304-4165(86)90237-0. 
  9. Shi W, Chong BH, Hogg PJ, Chesterman CN (1993). "Anticardiolipin antibodies block the inhibition by beta 2-glycoprotein I of the factor Xa generating activity of platelets". Thromb. Haemost. 70 (2): 342–5. PMID 8236146. doi:10.1055/s-0038-1649577. 
  10. Schousboe I, Rasmussen MS (1995). "Synchronized inhibition of the phospholipid mediated autoactivation of factor XII in plasma by beta 2-glycoprotein I and anti-beta 2-glycoprotein I". Thromb. Haemost. 73 (5): 798–804. PMID 7482406. doi:10.1055/s-0038-1653871. 
  11. Keeling DM, Wilson AJ, Mackie IJ, Isenberg DA, Machin SJ (1993). "Role of beta 2-glycoprotein I and anti-phospholipid antibodies in activation of protein C in vitro". J. Clin. Pathol. 46 (10): 908–11. PMC 501616. PMID 8227406. doi:10.1136/jcp.46.10.908. 
  12. Matsuda J, Gohchi K, Kawasugi K, Gotoh M, Saitoh N, Tsukamoto M (1995). "Inhibitory activity of anti-beta 2-glycoprotein I antibody on factor Va degradation by activated-protein C and its cofactor protein S". Am. J. Hematol. 49 (1): 89–91. PMID 7741146. doi:10.1002/ajh.2830490116. 
  13. Mori T, Takeya H, Nishioka J, Gabazza EC, Suzuki K (1996). "beta 2-Glycoprotein I modulates the anticoagulant activity of activated protein C on the phospholipid surface". Thromb. Haemost. 75 (1): 49–55. PMID 8713779. doi:10.1055/s-0038-1650220. 
  14. Kumar KS, Jyothy A, Prakash MS, Rani HS, Reddy PP (2002). "Beta2-glycoprotein I dependent anticardiolipin antibodies and lupus anticoagulant in patients with recurrent pregnancy loss". Journal of Postgraduate Medicine 48 (1): 5–10. PMID 12082318. 
  15. McNeil HP, Simpson RJ, Chesterman CN, Krilis SA (1990). "Anti-phospholipid antibodies are directed against a complex antigen that includes a lipid-binding inhibitor of coagulation: beta 2-glycoprotein I (apolipoprotein H)". Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 87 (11): 4120–4. Bibcode:1990PNAS...87.4120M. PMC 54059. PMID 2349221. doi:10.1073/pnas.87.11.4120. 
  16. Hunt JE, McNeil HP, Morgan GJ, Crameri RM, Krilis SA (1992). "A phospholipid-beta 2-glycoprotein I complex is an antigen for anticardiolipin antibodies occurring in autoimmune disease but not with infection". Lupus 1 (2): 75–81. PMID 1301967. doi:10.1177/096120339200100204. 
  17. 17,0 17,1 17,2 Shi T, Giannakopoulos B, Iverson GM, Cockerill KA, Linnik MD, Krilis SA (2005). "Domain V of beta2-glycoprotein I binds factor XI/XIa and is cleaved at Lys317-Thr318.". J Biol Chem 280 (2): 907–12. PMID 15522884. doi:10.1074/jbc.M410291200. 
  18. 18,0 18,1 Hoshino M, Hagihara Y, Nishii I, Yamazaki T, Kato H, Goto Y (decembro de 2000). "Identification of the phospholipid-binding site of human beta(2)-glycoprotein I domain V by heteronuclear magnetic resonance". J. Mol. Biol. 304 (5): 927–39. PMID 11124037. doi:10.1006/jmbi.2000.4243. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar