Breakdance

(Redirección desde «B-boying»)

O breakdance, máis coñecido por b-boying polos seus practicantes, é un estilo de baile urbano que forma parte da cultura hip hop e que xurdiu a redor da década dos 70 nos barrios marxinais da cidade de Nova York, nos Estados Unidos de América.

Un breakdancer en Faneuil Hall, Boston, Estados Unidos.

Historia editar

Ten a súa orixe nunha disciplina de baile moito anterior, o uprock, que consiste en imitar unha batalla, simulada, sen poder tocar ó rival. A partir deste baile que se bailaba de pé, diversos bailaríns como Apache ou Easy-Rock, comezaron a levar o baile cara ao chan, facendo pasos moi básicos.

O DJ neoiorquino Kool Herc, que emigrou a Xamaica na busca de inspiración musical, comezou a facer festas en apartamentos abandonados onde pinchaba a súa propia música para que a xente a bailara e o pasara ben, comezou a ver que certas partes das cancións gustaban moito máis á xente e empezou a reproducilas constantemente. Como eses ritmos eran moi fortes e rápidos os b-boys (Con este nome se coñece os bailaríns da disciplina) bailaban sen parar creando enfrontamentos, por iso o b-boying é un baile de batalla e as competición deste estilo se fan na súa maioría nesa modalidade.

Existe bastante controversia acerca da orixe do nome. Pero nun documental feito na década dos 80, o DJ neoiorquino Kool Herc afirmou que o termo ven da palabra break boy, break significa "romper", e cando el vía ós mozos bailar e facer os pasos máis complicados loitando por deixar claro quen era o mellor, dicía que "os nenos o rompían" e de aí sae o nome.

Nun principio usábase música funk, coma James Brown e outros estilos nos que predominaba a percusións, de bongos e baterías, xa que isto inspiraba moita enerxía para facer movementos rápidos e dinámicos.

Algúns grupos como Starchild La Rock foron pioneiros en desenvolver o estilo do floorwork, unha das disciplinas do baile, que consiste en pasos con pernas, mans e lombo tocando co chan e outros coma Air Force, nos powermoves, outra 'categoría' da disciplina que consiste en movementos técnicos do estilo da ximnasia ou a capoeira.

O b-boying ten influencias de moitos outros bailes, coma por exemplo a capoeira, o charleston, a salsa e outros bailes latinos.

New York City Breakers e Rock Steady Crew foron os grupos que tiveron máis repercusión no mundo do breakdance, xa que protagonizaron películas coma Wild Style ou Beat Street, grazas ás cales o baile se estendeu a outros continentes coma Europa e Asia, facendo así que crecera o interese e a aceptación do b-boying e da cultura hip hop. Así comezou a estenderse e a evolucionar, mesturándose coa cultura de cada lugar, o que contribuíu a que cada zona do planeta desenvolvese o seu estilo, deixándose influenciar polos bailes propios ou doutras disciplinas. Neste baile é primordial preservar a orixinalidade, o estilo propio e a musicalidade, a xente que copia a outros b-boys non é respectada polos demais, está moi mal visto.

Véxase tamén editar