Sección saxital dun cranio humano, mostrando a bóveda craniana

A bóveda craniana, ou bóveda cranial, é como se denomina o espazo no cranio, dentro do neurocranio, ocupado polo cerebro. Nos humanos, a medida e a forma do cerebro poden seren afectadas pola medida da bóveda, como se mostra na craniometría, pero estudos que a relacionan coa intelixencia non encontraron ningunha evidencia concluínte.

A bóveda craniana tamén é chamada a "tapa do cranio", ou mesmo a "calvaria", aínda que estes nomes refírense correctamente á porción superior do cranio soamente.

DesenvolvementoEditar

Nos humanos a bóveda craniana está composta imperfectamente nos bebés, o cal permite que a gran cabeza humana pase a través do canal de nacemento. Durante o nacemento, os varios ósos conectados polo cartilaxe e lo ligamentos só se moverán relativamente o un ao outro. As porcións abertas entre os ósos máis importantes da parte superior da bóveda, chamadas fontanelas,[1] normalmente quedan brandas até dous anos despois do nacemento.

Cando as fontanelas pechan, a bóveda perde parte da súa plasticidade. As suturas entre os ósos[2] permanecen até os 30 ou 40 anos de idade, permitindo o crecemento do cerebro.

A medida da bóveda craniana é directamente proporcional á medida do cranio e se dessenvolve tempranamente.[3]

A medida e a forma do cerebro e da bóveda circundante permanecen bastante plásticas a medida que o cerebro crece na nenez. En varias sociedades antigas, a forma da cabeza era alterada por razónes estéticas ou relixiosas atando teas ou táboas apertadas ao redor da cabeza durante a infancia. Non se sabe se tal deformación craniana artificial ten efecto na capacidade mental.

EvoluciónEditar

 
Cranio de corvo pequeno, mostrando a bóveda alongada encontrada nas aves.

A bóveda craniana está compuesta do endocranio, que forma as partes basais, coroada polo teito do cranio nos vertebrados terrestres. Nos peixes non existe ningunha bóveda craniana perceptíbel como tal, e o cranio está composto de ósos acoplados folgadamente. [4]

A bóveda craniana como unha unidade distinta xurdiu coa fusión do teito craniano e o endocranio nos primeiros labirintodontes.[4]

Nos anfibios e réptiles a bóveda é bastante pequena e discreta, formando bóvedas apropiadas só nos mamíferos e nas aves.

NotasEditar

  1. fontanela no Dicionario da RAG.
  2. Sutura, 2ª acep. no Dicionario da RAG.
  3. "Changes in vault dimensions must occur by early childhood because of the early development of the vault."
  4. 4,0 4,1 Romer, A.S. & T.S. Parsons (1977): The Vertebrate Body, 5th Edition. Philadelphia, Pensilvania, USA: W. B. Saunders Co. ISBN 0-7216-7668-5, pp. 324-372.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar