Bórax

composto químico

O bórax[1][2] (do persa bürah) é un mineral da clase dos boratos cuxa fórmula química é Na2B4O7·10H2O e que é soluble facilmente na auga.

Bórax
Cristais de bórax
Fórmula químicaNa2B4O7·10H2O
ClaseBoratos
Sistema cristalinoMonoclínico
CorBranca, gris e amarela
BrilloGraxo
Dureza2-2,5
FracturaConcoidea
ExfoliaciónImperfecta
RaiaBranca
Densidade1,7-1,8 g/cm3

Aspecto

editar

Preséntase en cristais xeralmente brancos e opacos de crecemento desordenado.

Lugares onde se atopa

editar

O bórax atópase en lagos de borato, especialmente en climas secos. Orixínase de forma natural nos depósitos de evaporita producidos pola evaporación dos lagos de borato. Os depósitos máis importantes atópanse cerca de Boron (California) e noutros lugares do suroeste americano, nas lagoas salinas de Bolivia e no deserto de Atacama (Chile). O bórax pode sintetizarse a partir doutros compostos do boro.

Pode aparecer asociado á halita e á sodalita.

Usos do bórax

editar

O bórax emprégase en deterxentes, suavizantes, xabóns, desinfectantes e pesticidas. Utilízase na fabricación de esmaltes, cristal, cerámica, pinturas, soldaduras e preservantes de madeiras.

É frecuente o seu uso para a adulteración da heroína.

Propiedades

editar

É un mineral perigoso pois pode producir irritacións na pel e nos ollos ó contacto con estes. A inxesta de grandes dosis pode ser mortal.

Propiedades físicas

editar

Disólvese con facilidade na auga.

Propiedades químicas

editar

O boráx ten a capacidade de poder actuar, ben coma un ácido o ben coma unha base, dependendo no medio no que se encontre o que lle permite regular o pH das disolucións e dos produtos químicos.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bórax.
  2. "bórax". TERGAL. Arquivado dende o orixinal o 09/05/2018. Consultado o 09/05/2018.