Bárbara Iglesias

piloto galega de bobsleigh


Bárbara Iglesias, nada en Arcade (Soutomaior) en 1992, é unha piloto galega de bobsleigh. No ano 2012 converteuse na primeira muller española en participar nunha proba oficial da especialidade durante a disputa da proba correspondente a Copa de Europa en Igls, Austria[1].

Infotaula de personaBárbara Iglesias
Biografía
Nacemento1992 Editar o valor em Wikidata (31/32 anos)
Arcade, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de bobsleigh Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeporteBobsleigh Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Bárbara comezou participando en deportes inercia como as carrilanas ou as gravity bikes. Javier Piquero propúxolle formar parte do primeiro equipo feminino español de bobsleigh da historia xunto coa asturiana Noemi Pérez. Sendo esta especialidade deportiva tan minoritaria tanto en Galicia como no resto de España, os medios cos que conta son escasos e a distancia cos países punteiros a nivel mundial é moi grande. Dende o ano 2013 a expiloto Oxana Tatchina[2] uniuse ó equipo español como adestradora, achegando a Bárbara e ó resto do equipo a súa experiencia acumulada durante moitos anos representando a Rusia na elite do bobsleigh mundial.

En torno a historia de Bárbara xira o documental O Tempo Futuro (2017), que segue os pasos da deportista ao longo dunha tempada.

Notas editar

  1. "IBSF - International Bobsleigh and Skeleton Federation". www.ibsf.org. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2019. Consultado o 2016-08-27. 
  2. "IBSF | Athletes". www.ibsf.org. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2017. Consultado o 2016-08-27.