Airas Peres Vuitoron

(Redirección desde «Ayras Perez Vuyturon»)

Airas Peres Vuitoron foi un trobador probablemente galego do século XIII[1] que estivo activo entre 1245-1275.

Infotaula de personaAiras Peres Vuitoron
Biografía
Nacementoséculo XIII Editar o valor em Wikidata
Reino de Galicia Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XIII Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCoroa de Castela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntrobador Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nun principio considerouse que era de orixe portuguesa en base ao contido dalgunhas das súas cantigas, con todo, Carolina Michaelis xa se inclinaba á súa procedencia galega, apuntando a que podía ser fillo dun vigairo xeral do bispo de Lugo, do mesmo xeito que António Resende de Oliveira.[2] Pode ser membro dunha familia da baixa nobreza, así Resende de Oliveira apunta a que pode ser fillo Pero Pais "Vultoran" e irmán de Johan Perez "Voytorun", o primeiro documentado nunha doazón ao mosteiro de Vilanova de Dozón.[3] Xabier Ron Fernández sostén que a familia pode proceder da localidade de Buitorón que pertence a Muxía.[2]

Foi un fiel partidario de Sancho II de Portugal na loita contra o seu irmán Afonso III de Portugal. Tras o triunfo de Afonso III tivo que exiliarse en Castela. Relaciónaselle cos trobadores Pero dá Ponche, Bernal de Bonaval e Pero García Burgalés, entre outros.[4]

Obra editar

Consérvanse doce cantigas, ademais doutra de dubidosa autoría. Todas elas son cantigas de escarnio e maldicir,[5] das cales cinco son sátiras políticas.

Notas editar

  1. ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-04-22. 
  2. 2,0 2,1 ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-04-22. 
  3. "MedDB - Visualiza Trobador". Consultado o 2021-04-22. 
  4. "MedDB - Visualiza Trobador". Consultado o 2021-04-22. 
  5. ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-04-22. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar