Axuda:Introdución ás políticas/2
Políticas e normas Contido Conduta Resumo |
Punto de vista neutral significa que o contido está escrito obxectivamente, simplemente presentando os feitos e puntos de vista doutros. As enciclopedias escríbense inherentemente desta maneira, xa que a verdade é a miúdo subxectiva, e non tería sentido ter un artigo que favorecese un determinado punto de vista. Isto axuda a previr que os artigos se convertan en meros anuncios. Verificabilidade significa que os artigos só deben conter material que previamente fose publicado por fontes fiables. Todo o contido debería estar apoiado por fontes, pero o contido controvertido ou que poida xerar controversias sen dúbida requiriraas! O material non referenciado pode ser eliminado en calquera momento e é obrigatorio proporcionar unha fonte fiable. Non é unha fonte primaria significa que os artigos non poden conter argumentos, conceptos, datos, opinións ou teorías non publicadas previamente. Isto inclúe calquera nova análise ou síntese dos feitos. Basicamente, Wikipedia é un rexistro de coñecementos humanos, puntos de vista e resumos que xa existen e están expresados noutros sitios. |