Axuda:Introdución ás páxinas de conversa/Páxinas de conversa de usuario

Páxinas de conversa   Conversas de usuario   Estrutura   Resumo    

Calquera persoa que use a Wikipedia ten a súa propia páxina de conversa de usuario. Nesa páxina, pódenselle deixar mensaxes ao usuario en relación coas súas contribucións e achegas. Os demais pódenche preguntar dúbidas ou darche consellos. Os usuarios non rexistrados que empreguen unha conexión á internet compartida, como os centros educativos ou unha rede doméstica, comparten tamén a páxina de conversa.

Se alguén che deixa unha mensaxe, inmediatamente verás unha nota dicindo que tes mensaxes novas. Nela haberá unha ligazón cara á túa páxina de conversa e outra para ollar os cambios da edición máis recente. En canto vexas a nova mensaxe desaparecerá o aviso. Para responder, escribe a contestación na páxina de conversa da persoa que se dirixiu a ti; o máis probable é que atopes unha ligazón na súa sinatura.

Por certo, a mensaxe de notificación ten este aspecto:

Ten mensaxes novas (diferenzas coa revisión anterior).