Axencia de desenvolvemento económico

Unha axencia de desenvolvemento económico (inglés: economic development agency ou tamén inglés: investment promotion agency, do que deriva o acrónimo IPA) é a miúdo unha axencia gobernamental (ou, ocasionalmente, unha organización sen ánimo de lucro que funciona dun xeito similar a unha cámara de comercio ou unha consultoría empresarial) que ten como misión atraer investimentos a un país, un estado, unha rexión ou unha cidade. Tamén recibe o nome de axencia de promoción económica, axencia de investimento e desenvolvemento ou axencia de promoción e investimento. Xeralmente, as IPAs teñen catro funcións principais: o desenvolvemento da imaxe dun país candidato a investimento estranxeiro directo, a xeración de investimentos, a xestión de proxectos e o fornecemento de servizos de atención. Algunhas IPAs teñen unha función de promoción adicional sobre todo en países en desenvolvemento nos que o clima de investimentos non son totalmente favorables.

Unha IPA leva a cabo o seu labor presentando os investidores aos fornecedores locais (de materias primas ou outros insumos), subministrando datos estatísticos e información empresarial como os indicadores macroeconómicos (PNB, PIB, IDH, inflación, etc...), a produtividade da man de obra, os salarios medios ou os sectores atractivos da economía local, e xestionando calquera outro incentivo de investimento que a cidade, o estado ou o país poida ofrecer aos investidores estranxeiros (sexan compañías ou particulares).

Véxase tamén editar

Outros artigos editar