Axencia Mundial Antidopaxe

A Axencia Mundial Antidopaxe (AMA, e WADA nas súas siglas inglesas) é unha organización non gobernamental independente que financia, educa e sensibiliza na loita contra a dopaxe. Foi creada o 10 de novembro de 1999 en Lausana (Suíza) como consecuencia dunha iniciativa colectiva liderada polo Comité Olímpico Internacional. A súa sede actual áchase en Montreal (Canadá). O actual presidente é Richard W. Pound (Canadá), que ostenta o cargo dende 1999.

Axencia Mundial Antidopaxe
Logo
AcrónimoAMA e WADA
Tipoorganización sen ánimo de lucro e anti-doping organization
Data de fundación10 de novembro de 1999 e 1999
Presidente/aWitold Bańka (en) Traducir (2020-) Editar o valor en Wikidata
SedeTour de la Bourse
EnMontreal
PaísCanadá
45°30′03″N 73°33′43″O / 45.500833333333, -73.561944444444
Na rede
http://wada-ama.org e https://www.wada-ama.org/fr
Facebook: wada.ama Twitter: wada_ama Instagram: wada_ama LinkedIn: wada Youtube: UC214Daj40byFBBLWvDQ8eDw Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

Como consecuencia do caso Festina, o primeiro grande escándalo que sacudía o mundo do ciclismo coa revelación dunha dopaxe a grande escala, o Comité Olímpico Internacional decidiu convocar unha xuntanza de todos os estamentos deportivo para pórlle fin ao mal da dopaxe. Esta conferencia internacional desenvolveuse en Lausana entre o 2 e o 4 de febreiro de 1999 e tivo como consecuencia escrita a Declaración de Lausana sobre a dopaxe no deporte. Esta declaración tivo efecto con carácter inmediato e deu lugar á creación dunha axencia internacional contra a dopaxe que debía estar operativa para os Xogos Olímpicos de Sydney 2000.

En 2001, a AMA decidiu mudar as súas oficinas principais a Montreal, que foron inauguradas en 2002.

Obxectivos e accións

editar

O obxectivo inicial que se marcou a AMA durante o seu primeiro ano de funcionamento foi o de lanzar un programa de controis non sistemáticos fóra da competición e antes dos Xogos Olímpicos de Sydney, así como de organizar un grupo de expertos independentes que estarían encargados de emitir un informe sobre as actividades de control antidopaxe durante os xogos australianos. En moitos casos, os controis realizados fóra de competición eran os primeiros que se realizaban con esas características nos deportes específicos.

O seguinte obxectivo, xa pasados os Xogos, foi o de harmonizar as regras antidopaxe que existían, con moi diversa fondura e carácter, nas distintas federacións deportivas internacionais e nos distintos comités olímpicos nacionais. Como fin deste proceso de consolidación, convocou a AMA a segunda conferencia mundial sobre a dopaxe no deporte, que se celebrou en Copenhague en marzo de 2003. Este conclave xuntou máis de 1200 participantes, dos que 80 representaban a gobernos. Ao remate da conferencia, os seus integrantes aprobaron por unanimidade o Código Mundial Antidopaxe. Este Código foi adoptado polo COI en 2003, para o que houbo de emendar a Carta Olímpica.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar