Autran Dourado

novelista brasileiro

̣

Autran Dourado
Nome completoWaldomiro Freitas Autran Dourado
Nacemento18 de xaneiro de 1926
Lugar de nacementoPatos de Minas
Falecemento30 de setembro de 2012
Lugar de falecementoRío de Xaneiro
NacionalidadeBrasil
Alma máterUniversidade Federal de Minas Gerais
Ocupaciónescritor, xornalista e novelista
PremiosPremio Camões, Premio Jabuti de Literatura, Orde do Mérito Cultural e Prêmio Machado de Assis
Na rede
IMDB: nm1212810 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Waldomiro Freitas Autran Dourado, máis coñecido como Autran Dourado, nado en Patos de Minas 18 de xaneiro de 1926 e finado no Río de Xaneiro o 30 de setembro de 2012, foi un avogado, escritor e xornalista brasileiro. Premio Camões no ano 2000.

Biografía editar

Fillo dun xuíz, pasou a súa infancia en Monte Santo de Minas e São Sebastião do Paraíso, no estado de Minas Xerais. Aos 17 anos foi para Belo Horizonte, onde cursou Dereito, mentres traballaba como taquígrafo e xornalista. Graduouse en 1949.[1]

A súa segunda obra publicada, Sombra e exilio, de 1950, gañou o Premio Mário Sette do Jornal de Letras. Mudouse en 1954 para o Río de Xaneiro, onde morou até a súa morte, en 2012.

Foi secretario de prensa da República, de 1958 a 1961, no goberno Juscelino Kubitschek.[2]

A súa primeira obra en ser traducida para outro idioma foi A Barca dos Homens, que fora considerado o mellor libro de 1961 pola Unión Brasileira de Escritores.[3]

Diversas narracións súas pasan na cidade imaxinaria de Dúas Pontes, a maioría narradas polo personaxe João da Fonseca Ribeiro, formando un conxunto en que as xeracións da familia Honório Cota se suceden, transitando entre os séculos do apoxeo da minaría ouro até os días de hoxe. Outras están ambientadas en cidades reais da Minas Xerais actual e doutras épocas; unha excepción é A barca dos homens, ambientada nunha illa do sur do Brasil. Unha especie de Comedia Humana que mostra a decadencia das clases poderosas desde o século XVII.

Tamén publicou ensaios sobre teoría literaria, onde expón o seu proceso persoal de produción, trazo practicamente único entre os grandes escritores. Autran Dourado tamén deixou un libro de memorias, Gaiola aberta, onde aborda o seu traballo no goberno de JK.

Gañou varios premios literarios, entre eles o Premio Camões, en 2000. A súa novela máis célebre é Ópera dos Mortos, incluída na colección de Obras Representativas da UNESCO.[4] A súa obra predilecta era a novela Uma vida en segredo, adaptada posteriormente para o cinema. Outras obras importantes son A barca dos homens, O risco do bordado, Os sinos da agonia e As Imaxinacións pecaminosas.

Faleceu o día 30 de setembro de 2012 no Río de Xaneiro, aos 86 anos.[5]

Estilo e influencias editar

Nas súas obras, focaliza a vida no interior de Minas Xerais e utiliza amplamente expresións locais, mais explora non as temáticas rexionalistas, e si os aspectos psicolóxicos da vida humana: a morte, a soidade, a incomprensión do outro, a loucura, o crime. Eses trazos demostran tanto a orixe mineira do autor canto a influencia de James Joyce, Stendhal e Goethe. Alén diso, frecuentemente revélase tamén influenciado polo Barroco mineiro e español, usando unha linguaxe obsesivamente traballada e traendo personaxes que son arrastrados por forzas superiores rumbo á destrución. O pensamento de filósofos como Platón, Aristóteles, Nietzsche e Schopenhauer tamén se manifesta nas obras de Autran Dourado.

En entrevista, o autor certa vez declarou:

Os meus personaxes parécense moito a min. Eu coñézoos moi ben e sufro a angustia que eles sofren. Non teño ningún pracer en escribir. Despois de pronta a obra, aí me dá unha correcta satisfacción, mais a mesma que dá cando se descarga dos ombros un fardo pesado. [...] (Escribir é) tamén unha fatalidade. Vostede está destinado á literatura, e non a literatura a vostede.[6]

O autor, apunta Godofredo Rangel, que o coñeceu cando tiña só 17 anos, como unha influencia decisiva na súa carreira. Ese escritor, tras ler o seu primeiro libro (de contos), aconsellouno a non publicalo e estudar un pouco máis os grandes mestres. Así, Autran Dourado estrea soamente catro anos despois, cunha nova obra: A teia.[7]

Outras características notábeis do texto de Dourado son o emprego da metalinguaxe, da sutil repetición das ideas e dos eventos importantes, da alternancia de persoa no discurso do narrador, da busca pola palabra exacta (le mot juste, como pregoaba Gustave Flaubert), do emprego de estruturas e conceptos herdados da Grecia clásica (Homero, Hesíodo, Ésquilo, Sófocles e Eurípedes), da alternancia de tempos verbais nun mesmo parágrafo, da preocupación con detalles estruturais como, por exemplo, o tamaño dos capítulos, e do uso de técnicas literarias como o monólogo interior, o fluxo de consciencia e a narrativa en bloques. Tamén empregaba moito técnicas xerais da literatura modernista, como os flashbacks e os flashforwards.

Segundo Autran Dourado, en Breve manual de estilo e novela, o escritor debe traballar como un artesán, buscar a simplicidade de forma que a lectura sexa fácil e fluída, sen preocuparse coa crítica ou coa vendaxe dos seus libros, alén de ler, polo menos unha vez ao ano, algún dos clásicos de Machado de Assis; antes de escribir algunha cousa, a lectura dun poema:

Ser simple é a máis difícil das tarefas [...] Non pense en venda, vender libros é función de editores e libreiros, non súa [...] Todos os días, antes de comezar a escribir, lía un poema de calquera gran poeta da miña lingua. En xeral Manuel Bandeira, Carlos Drummond de Andrade, Mário de Andrade, Murilo Mendes e João Cabral de Melo Neto que son os meus poetas preferidos.

En O meu mestre imaginário e en Un artista aprendiz, destácanse as ensinanzas de Flaubert: a flexibilidade da regra gramatical, a importancia de estruturarse a novela antes de comezalo, e a necesidade de presenza do autor, invisíbel como Deus, na súa obra.

Obras editar

  • Teia (1947)
  • Sombra e Exílio (1950)
  • Tempo de Amar (1952)
  • A Barca dos Homens (1961)
  • Uma Vida em Segredo (1964)
  • Ópera dos Mortos (1967)
  • O Risco do Bordado (1970)
  • Os Sinos da Agonia (1974)
  • Novelário de Donga Novaes (1976)
  • A Serviço del-Rei (1984)
  • Lucas Procópio (1985)
  • Um Cavalheiro de Antigamente (1992)
  • Ópera dos Fantoches (1994)
  • Confissões de Narciso (1997)
  • Monte da Alegria (2003)

Ensaios editar

  • A glória do oficio. Nove histórias em grupo de três (1957)
  • Uma poética de romance (1973)
  • Uma poética de romance: matéria de carpintaria (1976)
  • O meu mestre imaginário (1982)
  • Um artista aprendiz (2000)
  • Breve manual de estilo e romance (2003)

Memorias editar

  • Gaiola aberta (2000)

Contos editar

  • Três histórias na praia (1955)
  • Nove histórias em grupos de três (1957)
  • Solidão solitude (1978, reedición das novelas de Três histórias na praia e Nove histórias em grupos de três)
  • Novelas de aprendizado (1980, reedicións das novelas Teia e Sombra e exílio)
  • Violetas e caracóis (1987)
  • Melhores contos (2001)
  • O Senhor das Horas (2006)
  • Armas & Corações (1978)
  • As Imaginações Pecaminosas (1981)

Artigos editar

  • Símbolo literário e símbolo psicológico: o mito ordenador (Revista do Brasil, 4 126-129, 1985)

Principais premios literarios editar

  • 1950ː Prêmio Mário Sette por Sombra e Exílio.
  • 1952ː Prêmio Cidade de Belo Horizonte por Tempo de Amar.
  • 1957ː Prêmio Artur Azevedo por Nove histórias em grupos de três.
  • 1961ː Prêmio Fernando Chinaglia por A Barca dos Homens.
  • 1970ː Prêmio Pen-Club do Brasil por O Risco do Bordado.
  • 1974ː Prêmio Paula Britto por Os Sinos da Agonia
  • 1981ː Premio Goethe de Literatura do Brasil por As Imaginações Pecaminosas
  • 1982ː Premio Jabuti (categoría Contos/crónicas/novelas) por As Imaginações Pecaminosas
  • 2000ː Premio Camões
  • 2008ː Premio Machado de Assis

Notas editar

  1. "Biografia de Autran Dourado". eBiografia (en portugués). Consultado o 2020-04-13. 
  2. "Autran Dourado - Biografia do escritor". InfoEscola (en portugués). Consultado o 2020-04-13. 
  3. "Biografia de Valdomiro Freitas Autran Dourado". biografias.netsaber.com.br (en portugués). Consultado o 2020-04-13. 
  4. Globo, Acervo-Jornal O. "Com sua literatura refinada, Autran Dourado levou Minas Gerais para o mundo". Acervo (en portugués). Consultado o 2020-04-13. 
  5. "Aos 86 anos, morre no Rio o escritor Autran Dourado". O Globo (en portugués). 2012-09-30. Consultado o 2020-04-13. 
  6. "Folha Online - Ilustrada - Autran Dourado diz que escrever não dá prazer e é uma fatalidade - 30/07/2005". www1.folha.uol.com.br. Consultado o 2020-04-13. 
  7. Dourado, Autran (1982). O risco do bordado (en portugués). Rio de Janeiro: Editora Record. ISBN 85-3251021-3.