Austur-Barðastrandarsýsla
Austur-Barðastrandarsýsla é un dos vinte e tres condados de Islandia. Atópase no noroeste de Islandia.
| |||
Mapa | |||
---|---|---|---|
Austur-Barðastrandarsýsla en amarelo no extremo noroccidental da illa. | |||
Información | |||
País | Islandia | ||
Rexión | Vestfirðir | ||
Subdivisións | 1 municipio | ||
Superficie | 1.074 km2 | ||
Poboación | 82 hab. (2007) |
Xeografía
editarO condado de Austur-Barðastrandarsýsla está situado no noroeste do país, na península máis grande da illa, na rexión de Vestfirðir. Limita cos condados de Strandasýsla ao leste, Vestur-Barðastrandarsýsla ao oeste e polos condados de Norður-Ísafjarðarsýsla e Vestur-Ísafjarðarsýsla. A súa superficie abrangue unha extensión de 1.074 quilómetros cadrados. A altitude media do condado é de 483 metros. Ao igual que os demais condados de Islandia emprega o fuso horario Atlantic/Reykjavik.
Demografía
editarNeste condado viven unicamente oitenta e dúas persoas para unha extensión de 1.074 quilómetros cadrados, polo que a súa dendidade de poboación e de 0,07 habitantes por quilómetro cadrado.
Municipios
editarAustur-Barðastrandarsýsla comprende un único municipio xurdido da unión doutros catro (entre parénteses):
Localidades
editarAustur-Barðastrandarsýsla comprende as seguintes localidades:
Localidade | Altitude (pés) | Poboación |
---|---|---|
Eyri | 426 | 15 |
Flatey (habitado durante un pequeno lapso por ano) | 0 | 0 |
Garpsdalur | 3 | 15 |
Gufudalur | 511 | 14 |
Kirkjuból | 0 | 9 |
Reykhólar | 16 | 8 |
Skálmarnesmúli | 610 | 6 |
Staður | 196 | 6 |
Vattarnes | 0 | 12 |
Verzlunarstaður | 0 | 7 |