Décimo Magno Ausonio

(Redirección desde «Ausonio»)

Décimo Magno Ausonio, nado en Burdigala (actual Bordeos) cara ao ano 310 e finado na mesma vila no 395, foi un poeta e retórico latino.

Infotaula de personaDécimo Magno Ausonio

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(la) Decimus Magnus Ausonius Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento310 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Bordeos Editar o valor em Wikidata
Morte395 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (84/85 anos)
Langon - Lengon Editar o valor em Wikidata
Senador romano
Cónsul romano
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , político , escritor , militar Editar o valor em Wikidata
Período de tempoLow Roman Empire (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ProfesoresAemilius Magnus Arborius (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeAttusia Lucana Sabina (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiJulius Ausonius (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAvitianus (en) Traducir, Julia Dryadia (en) Traducir e Aemilia Melania (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: d55529c8-1139-48d7-a0a5-a09a249a9b12 Discogs: 4795433 Editar o valor em Wikidata
Medallón con busto de Ausonio.

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Ausonio naceu probabelmente en Burdigala, mais estudou desde novo en Tolosa. A súa familia era de elevada posición social. Seu pai Xulio Ausonio (287-377) foi médico, protomédico de Valentiniano I e prefecto de Iliria; a súa mai Atusa Lucana Sabina era filla dun senador, Atusio Laucanaco Talisio. Tivo unha excelente educación en gramática e en retórica, pero no logrou éxito no dominio da lingua grega[1].

Fíxose despois avogado, mais Ausonio detestaba esta profesión e volveu a dedicarse ao ensino. No ano 334 fundou en Burdigala unha escola de retórica destinada a coller moita sona no seu tempo.

O seu discípulo máis brillante foi Poncio Anicio Meropio Paulino, futuro bispo de Nola.

Mestre de Graciano e cónsul editar

Ausonio era considerado como un dos homes máis doctos da súa época, de xeito que o emperador Valentiniano I o chamou a Tréveris como preceptor do seu fillo Graciano. No ano 368 tomou parte na campaña militar contra os alamáns, na que obtivo como botín unha moza sueva chamada Bissula, a que logo dedicaría obra poética. No 369, coñeceu a Quinto Aurelio Símaco, con quen mantivo a amizade e conseguiron beneficios mutuos.[2]

Como recoñecemento a seu mestre, Graciano outorgoulle os máis altos títulos e as maiores honras, pasou de cuestor a pretor, primeiro na Galia e posteriormente de toda a Galia, Italia e África[2]; e de feito no ano 379 Ausonio foi cónsul xunto con Quinto Clodio Hermoxeniano Olibrio.

Regreso a Burdigala editar

Morto Graciano no 383, Ausonio tornou a Burdigala, onde entrou en contacto coa relixión cristiá e, segundo opinións, converteuse á mesma. Morreu na súa cidade natal sobre o ano 395.

Obra editar

O poema Mosella, minuciosa crónica de viaxe en verso, e considerado como a súa obra mestra. Escribiu tamén moitos epigramas en lembranza de parentes defuntos e aínda epitafios, como Parentalia. Escribiu ademais unha oración dedicada a Graciano; cartas en verso e en prosa dirixidas a Paulino de Nola; e cultivou outros xéneros, mesmo teatro. Famoso é, igualmente, o centón que compuxo tirando versos da obra de Virxilio (Cento Nuptialis). As súas obras son, ademais, un valioso documento da vida da Galia romana do século IV, nos estertores do Imperio.

As súas obras aínda son loadas polos críticos contemporáneos, mais en tempos de Ausonio eran consideradas pouco orixinais por estaren escritas en estilo; esta opinión aínda se mantén e é pouco aprezado polos autores de Literatura latina.

Bibliografía esencial editar

  • Mosella,
  • Parentalia,
  • Ordo nobilium urbium,
  • Efemeride

Notas editar

  1. O mesmo Ausonio o confesou aos seus amigos de Roma
  2. 2,0 2,1 Trout, Dennis E. (1999). Paulinus of Nola: Life, Letters, and Poems, p. 33 (en inglés). Berkeley/Londres: University of California Press. ISBN 9780520922327

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar