Aurelio Fernández Morales

comerciante e político galego

Aurelio Fernández Morales, finado na Coruña o 21 de outubro de 1943,[1] foi un comerciante e político galego.

Infotaula de personaAurelio Fernández Morales
Biografía
Morte21 de outubro de 1943 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncomerciante , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Manuel Fernández, que foi concelleiro e tenente de alcalde da Coruña. Formou parte do Partido Republicano Autónomo en 1918[2] e foi concelleiro da Coruña e primeiro tenente de alcalde. En 1921 volveu ser elixido primeiro tenente de alcalde da Coruña.[3] Coa ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro da Coruña e elixido sétimo tenente de alcalde o 1 de outubro de 1923.[4] En 1930 participou no Pacto de Lestrobe. Presentouse ás eleccións a Cortes de 1931 pola provincia da Coruña encadrado no Partido Radical. Foi presidente do Comité provincial do Partido Radical e da Sociedade Alianza Republicana da Coruña. Foi presidente do Partido Republicano Radical da Coruña en 1932.[5]

Vida persoal editar

Casou na Coruña con Nieves Ramos Paz en 1913.[6]

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, 22-10-1943, p.2, 3.
  2. El Orzán, 13-2-1918, p. 2.
  3. El Ideal Gallego, 11-8-1921, p. 2.
  4. Galicia. Diario de Vigo, 2-10-1923, p. 1.
  5. El Correo Gallego, 14-10-1932, p. 1.
  6. La Correspondencia Gallega, 9-7-1913, p. 1.